Protestas masivas en Uzbekistán

Un cambio constitucional centralizador provoca a reacción da poboación de Karakalpakistán.
Vista de Nukus, a cidade onde están tendo lugar as manifestacións. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Vista de Nukus, a cidade onde están tendo lugar as manifestacións. (Foto: Nós Diario).

A cidade de Nukus, capital de Karakalpakistán, unha república autónoma integrada no territorio de Uzbekistán, viuse sacudida nas últimas horas polas protestas protagonizadas por dúcias de miles de personas.

A razón é a súa oposición á introdución de cambios no texto constitucional do Estado.

O Goberno central pretende introducir máis de 200 modificacións que, entre outras, inclúen a eliminación da palabra "soberana" na descrición da república, así como o dereito de Karakalpakistán a separarse de Uzbekistán mediante referendo.

O Goberno declarou a concentración como "ilegal"

O de hoxe é o terceiro día consecutivo de protestas nunha rexión que ocupa o 40% do territorio de Uzbekistán. Polo de agora, a información escasea, pero nas redes sociais abundan vídeos do conflito. 

Pola súa parte, o Ministerio do Interior declarou a concentración como "ilegal" e manifestou a súa firme intención de "facer cumprir a lei", pois "un grupo criminal, agochándose detrás de consignas populistas" está facendo un intento "de apoderarse de institucións estatais, dividir á sociedade e desestabilizar a situación sociopolítica en Uzbekistán". 

Comentarios