Tribunal Superior de Xustiza da Galiza

Enaire é a compañía pública xestora da navegación aérea no Estado español. (Foto: Enaire)
LINGUA

A Xustiza condena Enaire pola vulneración dos dereitos lingüísticos dunha traballadora

As representantes sindicais levaban anos sendo obxecto dunha sucesión de vulneracións por falta de información e de resposta fronte a cuestións que afectaban ao persoal do centro de traballo no aeroporto de Santiago.
Dársena do Paseo das Avenidas após o accidente (Foto: arquivo 112).
SOCIAL

O Porto de Vigo apelará o arquivo da causa do Marisquiño por considerar que era responsabilidade do Concello

Para o Porto, a neglixencia determinante de responsabilidade penal radica, ante todo, no feito de autorizar a celebración dun concerto sen coñecer o estado da infraestrutura no cal se ía celebrar.
Sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza nunha foto de arquivo. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O TSXG rexeita aplicar retroactivamente a lei do 'só si é si' porque aumentaría a pena a un home por violar a súa muller

Confirma a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que o condenou a case nove anos de cárcere por agresión sexual, maltrato e coacción.
Dársena do Paseo das Avenidas após o accidente (Foto: arquivo 112).
SOCIAL

O Supremo corrobora a responsabilidade do Concello de Vigo no afundimento no Marisquiño

O Alto Tribunal ratificou as sentenzas do TSXG, que aseguraban que o Concello incumpriu o convenio 'Abrir Vigo ao Mar' subscrito co Porto en 1992, debido a que non mantivo devandito peirao en "bo estado".
Mobilización en Compostela o pasado 8 de marzo (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

A xustiza rebaixa outra condena por agresión sexual

A Audiencia Provincial de Ourense reduce a pena dous anos
As denuncias por violencia machista aumentaron en 2022 (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A trata con fins de explotación sexual tamén é violencia de xénero: así o recolle esta sentenza do TSXG

O alto tribunal galego pronúnicase en contra do SEPE e recoñece o dereito dunha vítima de trata de persoas con fins de explotación sexual a participar do programa da Renda Activa de Inserción, equiparándoa, en consecuencia, ao resto de mulleres vítimas de violencia machista.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, coa concelleira Mónica Martínez. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O TSXG confirma a nulidade do nomeamento de Mónica Martínez

A edil coruñesa deixara Ciudadanos e entrara no Goberno local
Mobilización feminista en Compostela o 8 de marzo deste ano. (Foto: Arxina)
SOCIAL

A xustiza rebaixa as penas de cinco condenados por delitos sexuais

As reducións están enmarcadas na lei do 'só si é si'
A edil de Deportes da Coruña, á esquerda, nun acto recente canda a alcaldesa, Inés Rei. (Foto: Concello da Coruña)
POLÍTICA

O TSXG ratifica a nulidade do nomeamento de Mónica Martínez como concelleira de Deportes da Coruña

A edil deberá devolver á Administración local a diferenza da retribución que percibiu como membro da corporación con responsabilidades de goberno e a que lle correspondería como non adscrita após abandonar Ciudadanos.
Construción dun parque eólico da compañía enerxética galega. (Foto: Greenalia)
SOCIAL

O TSXG ratifica a paralización cautelar de dous parques eólicos de Greenalia e exime Adega de abonar as caucións

O alto tribunal galego entende que nin a Xunta nin Greenalia acreditaron debidamente a "imperiosa necesidade" de iniciar a construción dos proxectos Campelo e Bustelo. O parque Monte Toural, que fai parte do mesmo 'macrocomplexo', está pendente de resolución xudicial e podería seguir a estela dos outros dous.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha visita ao Hospital de Ourense. (Foto: Xunta)
SOCIAL

O TSXG condena o Sergas e a Xunta por "vulnerar os dereitos" do persoal médico de Pediatría e Primaria

A Consellaría de Sanidade "incumpre coas súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais, de valoración da carga de traballo do colectivo médico e de avaliación dos riscos do seu posto de traballo", sostén a sentenza.
Un intre da manifestación decorrida en Compostela o pasado 25-N. (Foto: Arxina)
SOCIAL

As denuncias por violencia machista aumentan en 14,4%

A taxa de violencia de xénero medra na Galiza mais segue a ser a terceira máis baixa do Estado.
Audiencia de Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Seis reos galegos reciben rebaixas na condena por delitos sexuais após a aprobación da lei do 'só si é si'

Na Galiza, as últimas rebaixas aplicadas foron ditadas pola Audiencia Provincial de Pontevedra, que concretamente rebaixou a pena de cárcere para un condenado por abuso sexual a unha menor, pasando de 5 anos de condena a 4 anos e 6 meses.
Sede do TSXG, na Coruña. (Foto: Xoán Roberes)
SOCIAL

O TSXG móstrase a favor de "revisar as condenas da lei do 'só si é si'

Trátase da primeira ocasión na que a Sala do Civil e Penal do Alto tribunal galego realice un pronunciamento xenérico en torno ao novo marco de penas que estabelece a lei do 'só si é si',
Sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O TSXG ampárase nun baleiro legal para rebaixar unha condena por agresión sexual

Unidas Podemos denuncia a interpretación dos xuíces na aplicación da lei, e o PSOE abre a porta a modificar o texto da Lei 10/2022 de garantía integral da liberdade sexual.
Adega e BNG advirten da "vulneración" de normas comunitarias na tramitación de proxectos eólicos. (Foto: Y. C.)
SOCIAL

O TSXG obriga a Xunta a admitir a trámite un parque eólico na Laracha

Os maxistrados entenden que na tramitación inicial do expediente por parte da Xunta non quedou acreditado que este proxecto se solapase con outros, tal e como alegara a Administración galega.
Sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

O TSXG ampara a ordenanza lingüística da Coruña e rexeita o recurso de 'Hablamos Español'

Os maxistrados inciden en que na ordenanza hai "unha invocación de primeira orde, constitucional e estatutaria, do carácter cooficial do castelán".
Parque eólico da enerxética galega en Vimianzo. (Foto: Greenalia)
SOCIAL

Paralizados de forma cautelar os parques eólicos Bustelo e Campelo, aos que podería sumarse Monte Toural

Adega logra reunir a contía exixida a modo de caución polo TSXG para facer efectiva a medida.
Aeroxerador de Greenalia, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Greenalia)
SOCIAL

A Xustiza fai efectiva a paralización cautelar do parque eólico Campelo, de Greenalia

Adega logra recadar os 10.000 euros de depósito que exixía o TSXG para facer efectiva a medida.
Hospital Lucus Augusti de Lugo. (Foto: Sergas)
Xustiza

O Sergas deberá indemnizar a nai dun doente de esquizofrenia falecido

O Alto Tribunal da Galiza ratifica a sentenza condenatoria que obriga a Administración a pagar 40.000 euros a modo de compensación.