POLÍTICA
O BNG exixe revisar as "tarifas abusivas" dos trens Alvia á Galiza
05/mar./24
A forza nacionalista tamén demanda garantir a permanencia dos actuais horarios coa chegada dos trens Avril.
Hai 150 anos púñase en marcha a primeira liña ferroviaria galega. Foi entre Cornes (Compostela) e Carril (Vilagarcía). Un século e medio despois, as carencias do sistema de camiños de ferro na Galiza, que segue sen un servizo de trens de proximidade, son evidentes.
O tren de proximidade non para na Galiza, un dos poucos territorios do Estado que carece desta rede —competencia estatal—, até o punto de que Vigo é a maior área urbana sen servizo de ferrocarril de proximidade. O deseño do Goberno español para os vindeiros anos non prevé modificar este mapa, prexudicial e excluínte para a Galiza.