Touro

WhatsApp Image 2018-12-15 at 19.02.29
CONTAMINACIÓN

A balsa da antiga mina de Touro desborda cara a un afluente do Ulla

Novo desbordamento na balsa de Bama da antiga mina de Touro malia un ano de reiteradas denuncias por parte da Plataforma Mina Touro O Pino Non e de, cando menos, dúas multas. A entidade advirte de que a balsa verteu cara a un afluente do río Ulla após desbordar.

[Imaxe: @milacastross]
SOCIAL

Mina Touro-O Pino Non concéntrase ante a ameaza “dun novo Prestige”

A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non concentrouse na mañá do domingo na Alameda de Santiago de Compostela para volver facer visíbel o seu rexeitamento ao proxecto mineiro que afectaría a comarca.

36692987_2276962168997325_7533372572759490560_n
SOCIAL

Augas turbias no Ulla

O BNG pide ao Seprona que investigue as causas da turbidez das augas do río ao seu paso por Calvos (Touro).

mina touro non
SOCIAL

Opositores á mina de Touro estarán na xunta de accionistas de Atalaya Mining

“Queremos asegurarnos de que os investidores de Londres entendan que a mina de Touro é un proxecto imposible”, segundo Luís Gallardo, membro da Plataforma Mina Touro - O Pino  Non

Sés Folk in Río 2017
Este domingo

O Folk in Río de Touro volverá encher a carballeira da Santalla

Na beira do río Ulla e ao pé dunha carballeira vai ter lugar este domingo 17 de xuño a undécima edición do festival Folk in Río de Touro. Concertos, cantos de taberna, feira de artesanía, xantar campestre e até un festival infantil paralelo nunha xornada que vai desde as 11 da mañá até a noite.

PROBA
Manifestación multitudinaria

Milleiros de persoas, ao berro de “Esta mina ímola parar”

“Feixóo, escoita, o pobo está en loita” ou “Esta mina ímola parar” foron algúns dos lemas que saíron da gorxa dos varios milleiros de persoas -60 mil, segundo a organización- que no mediodía do domingo, 10 de xuño, colapsaron as rúas compostelás e encheron a Praza do Obradoiro contra a mina de Touro-O Pino.

IMG-20180608-WA0079
Cando vai ter lugar a manifestación

Atacan o comercio dun integrante da plataforma Mina Touro-O Pino Non

Cunha pintada de “Mina Si” amencía o local comercial dun integrante da plataforma Mina Touro-O Pino Non, a tan só dous días da mobilización que ten convocada o colectivo para este domingo en Compostela.

Diario de Arousa
SOCIAL

Portos retira en Vilanova de Arousa unha faixa contra a mina de Touro

Malestar na Confraría, que defende o seu dereito a pendurar no edificio unha reclamación do sector.

Diario de Arousa
SOCIAL

Portos retira en Vilanova de Arousa unha faixa contra a mina de Touro

Malestar na Confraría, que defende o seu dereito a pendurar no edificio unha reclamación do sector.

mina touro o pino peregrinaxe imaxe @pilaraymara
SOCIAL

Veciñanza do Pino e Touro peregrina contra a reapertura da mina

Un cento de veciños percorreron o tramo entre Pedrouzo e a catedral de Compostela nunha andaina reivindicativa.

sabela rei mina touro
SOCIAL

Descualificada da Carreira Pedestre do Pino por levar una camisola contra a mina

Sabela Rei entrou en segunda posición na súa categoría na proba que tivo lugar este domingo no Pino.

alcalde touro NOsTV
SOCIAL

A reacción do alcalde de Touro ante as queixas da veciñanza sobre a mina

Vídeo no interior.

balsas mina touro
SOCIAL

Apertura de expediente á propietaria dos terreos da antiga mina de Touro

A Xunta abre un expediente á propietaria dos terreos da antiga mina de Touro, segundo informa o colectivo Aldea Viva. A dona das fincas é socia de Cobre San Rafael, promotora do proxecto de reapertura da mina.

Touro, O Pino: A ameaza do cobre
SOCIAL

Touro, O Pino: A ameaza do cobre

Nós Televisión e Tingalaranga Audiovisual presentan un documental dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflicto xurdido en Touro e O Pino.

touro o pina mina
ECONOMÍA

Fruga presenta solicitude de caducidade da concesión da mina de Touro

touro mina esqueletes
SOCIAL

Clamor contra a mina de Touro

Veciñanza de Touro e O Pino, directamente atinxida polo plan de reabrir as minas de cobre, mais tamén doutras comarcas de Galiza mobilizáronse este domingo para rexeitar un proxecto que, denuncian, vai xerar prexuízos sociais, económicos e ambientais. Máis de 2.500 persoas participaron na mobilización.

[Imaxe: BNG] Faixa contra a mina de Touro
Manifestación o 25F

A veciñanza contra a mina de cobre

A empresa quere explotar unha mina a ceo aberto, de case 700 hectáreas, para extraer cobre de forma intensiva, día e noite, durante os próximos quince anos. Miles de veciñas e veciños opóñense a que se retome a actividade mineira, que deixou no pasado unha importante pegada ecolóxica na zona aínda sen resolver e que ameaza o futuro da comarca. Hai convocada para este domingo, día 25, unha manifestación-tractorada no Concello de Touro. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 285.

SOCIAL

Desborda unha das balsas da mina de Touro e verte ao río Brandelos

Denúnciao o colectivo Aldea Viva, que xa puxo os feitos en coñecemento da administración. A Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non convoca unha manifestación-tractorada contra o proxecto o vindeiro 25 de febreiro.

[Imaxe: Edmundo Saez] Mina en Río Tinto (Huelva), explotada por Atalaya
INVESTIGACIÓN

De como a riqueza de Touro vai camiño de acabar agochada no Caribe

Dos catro grandes accionistas de Atalaya Mining, a multinacional que agora pretende reabrir a mina de Touro, tres aparecen nos Paradise Papers con filiais nas Illas Virxes Británicas, Bermuda e Delaware Bahamas, estados sen riqueza mineira pero que son algúns dos paraísos fiscais máis famosos. Eis un extracto da información publicada ao respeito no semanario Sermos Galiza.

o pino touro mina
SOCIAL

A mina de Touro continúa a sumar 'nons': Deputación da Coruña e Concello de Compostela

A intención de reabrir as minas de cobre de Touro continúa a acumular a oposición de colectivos, entidades e institucións. As últimas delas, polo de agora, a Deputación da Coruña e o Concello de Compostela, en decisións ambas as dúas a iniciativas presentadas desde o BNG.