Fruga presenta perante a Xunta solicitude de caducidade da concesión da mina de Touro

touro o pina mina
photo_camera Concentración contra a mina de Touro

A Federación Rural Galega (Fruga) vén de rexistrar un escrito dirixido á consellaría de Economía e Industria no que solicita a caducidade da concesión mineira ‘San Rafael’, en Touro. A organización agraria afirma que se está a dar un “incumprimento reiterado das condicións de outorgamento dos dereitos mineiros” así como vulneracións de principios e criterios da propia normativa mineira polo que, considera, concorreren causas de caducidade previstas no artigo 109,j) e 110 do Regulamento Xeral do Réxime da Minaría .

Apelan á Lei 3/2008 de ordenación da minaría de Galiza, que entre os principios que inspiran dita norma citase, no seu artigo 3, a xestión sustentábel dor recursos mineiros, e como criterios orientadores do Plan Sectorial Mineiro, no artigo 12, entre outros: a harmonización da actividade extractiva co resto dos usos do solo dentro do marco da ordenación territorial, agraria e ambiental; o aproveitamento ordenado e sustentábel dos recursos mineiros de maneira compatíbel coa protección do medio natural e co patrimonio cultural.

“A actividade actual da mina está pondo en perigo a continuidade e o futuro das actividades agrarias e gandeira da zona ao provocar graves alteracións ambientais a través da súa actual fase de explotación, e mesmo un progresivo abandono e deterioro das labores preventivas mínimas, que constitúe un grave perigo ambiental, especialmente para a protección da augas ante a existencia de grandes lixeira e balsa de lodos, que causan continuamente problemas de contaminación de augas e solos, problemas que repercuten tanto nas augas da bacía do Ulla como nos acuíferos subterráneos”.

Comentarios