“A CIG transcende os que estamos nela. É o proxecto sindical da clase obreira galega”
Suso Seixo deixa a secretaría xeral da CIG, após 16 anos exercendo esta responsabilidade, para pasar o relevo a Paulo Carril, actual secretario de Organización e que encabeza a candidatura de consenso no VII Congreso da central nacionalista que decorre esta fin de semana en Compostela.