Masivas as concentracións contra a sentenza de "La Manada"
Redacción
27/abr./18 0:21
Un clamor contra a sentenza de 'La Manada". Iso foi o que se ergueu este serán nas rúas de Galiza, con múltiples concentracións nas cidades e vilas do país. O movimento feminista voltou a mobilizar miles de persoas. Para a grande maioría das participantes nestas concentracións, as institucións non só non protexen as mulleres, senón que as agreden, como mostraría a resolución xudicial que exonerou de violación os agresores da moza madrileña.