Remolcado un veleiro con dous tripulantes tras unha interacción con candorcas a 6,5 millas do Roncudo
Resultou ferida grave nunha man unha das persoas que ían no barco, polo que foi evacuada.
Resultou ferida grave nunha man unha das persoas que ían no barco, polo que foi evacuada.
CSIF denuncia a "mala xestión" de Salvamento Marítimo ao fomentar gardas en solitario sen "posibilidade de descanso", algo que desmenten desde o ente público
O pesqueiro Río Xunco, con nove tripulantes a bordo, foi remolcado por Salvamento Marítimo cando se atopaba a dúas millas ao norte do cabo de Estaca de Bares. O barco rexistrou unha avaría ao enredarse un elemento descoñecido na hélice. O centro de Fisterra recibiu aviso ás 6.48 horas da mañá. Nun primeiro momento mobilizouse tanto a salvamar Shaula como a Alioth por se fosen precisos dous buques para o remolque, posto que a escora era "grande". Finalmente, Alioth foi a encargada de levar o Río Xunco ao porto de Celeiro, onde atracou ás 11.20 horas. Este pesqueiro, de 29 metros de eslora, é un arrastreiro de fondo do Cantábrico con base no porto de Burela (A Mariña).
O balance do número de persoas socorridas polo servizo de Gardacostas da Galiza cifra en máis de 1.700 as mortes evitadas desde a posta en marcha do organismo, en 1990, un servizo que funciona os 365 días do ano e as 24 horas do día.
Así o confirmou esta segunda feira o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante unha visita á base do helicóptero Pesca II en Celeiro (Viveiro, A Mariña). Precisamente, a multinacional adxudicataria do servizo, a británica Avincis, deixou esta comarca sen helicóptero de rescate en repetidas ocasións. Entre elas, dez días en setembro e cinco días en xuño.
Salvamento Marítimo prestou auxilio esta segunda feira a un pesqueiro que se atopaba en problemas ao sur das Illas Sisargas, na costa noroeste galega. Foi o propio barco, con dúas persoas a bordo, o que pediu axuda a Salvamento Marítimo, despois de que o motor parase e non arrincase. Até a zona onde se produciron os feitos mobilizouse á LS Bianca, de Cruz Vermella, que remolcou a embarcación até o porto de Malpica.
O Grupo de investigación internacional Orca Atlántica-GTOA identificou os dous exemplares de candorcas que entraron na Ría de Arousa
Salvamento Marítimo reflotou esta madrugada un pesqueiro que quedou varado perto da Torre de Hércules, na Coruña, segundo informaron fontes deste departamento á axencia Europa Press. O aviso deuno outro barco, o Novo Cazador, contra as 3h da madrugada, e explicaba que unha embarcación, o Pombo Seis, estaba varada na costa coruñesa, nunha zona próxima ao faro. Desde o Centro de Salvamento Marítimo, mobilizouse a Salvamar Betelgeuse, que se encargou de reflotalo e escoltalo até o porto coruñés, dado que o pesqueiro aínda podía navegar. No barco que se produciu o incidente había oito tripulantes e o operativo deuse por finalizado ao fío das 5h, precisaron desde Salvamento.
O pesqueiro Santa Princesa, que quedara á deriva a algo máis de dúas millas das Illas Ons tras sufrir un fallo na máquina, foi remolcado a porto durante a madrugada deste sábado. Segundo fontes de Salvamento Marítimo, sobre as 22 horas da sexta feira o centro de Salvamento en Vigo recibiu unha comunicación do pesqueiro Santa Princesa na que se indicaba que tiña un fallo na máquina e quedara á deriva neste punto da costa galega. Nesta comunicación, solicitaron remolque, polo que Salvamento mobilizou ao buque María Pita e ao Salvamar Mirach. Pasadas as 00,00 horas, os remolcadores informaron o centro de salvamento vigués que o María Pita xa fixera firme o remolque e o Mirach continuou escoltando tanto ao pesqueiro como ao buque de Salvamento.