Remolcan un pesqueiro tras sufrir un fallo na máquina nas proximidades das Illas Ons

O pesqueiro Santa Princesa, que quedara á deriva a algo máis de dúas millas das Illas Ons tras sufrir un fallo na máquina, foi remolcado a porto durante a madrugada deste sábado. Segundo fontes de Salvamento Marítimo, sobre as 22 horas da sexta feira o centro de Salvamento en Vigo recibiu unha comunicación do pesqueiro Santa Princesa na que se indicaba que tiña un fallo na máquina e quedara á deriva neste punto da costa galega. Nesta comunicación, solicitaron remolque, polo que Salvamento mobilizou ao buque María Pita e ao Salvamar Mirach. Pasadas as 00,00 horas, os remolcadores informaron o centro de salvamento vigués que o María Pita xa fixera firme o remolque e o Mirach continuou escoltando tanto ao pesqueiro como ao buque de Salvamento.

Foto de arquivo do remolcador 'María Pita'.
photo_camera Foto de arquivo do remolcador 'María Pita'.
Comentarios