Salvamento Marítimo reflota un pesqueiro que quedou varado perto da Torre de Hércules, na Coruña

Salvamento Marítimo reflotou esta madrugada un pesqueiro que quedou varado perto da Torre de Hércules, na Coruña, segundo informaron fontes deste departamento á axencia Europa Press. O aviso deuno outro barco, o Novo Cazador, contra as 3h da madrugada, e explicaba que unha embarcación, o Pombo Seis, estaba varada na costa coruñesa, nunha zona próxima ao faro. Desde o Centro de Salvamento Marítimo, mobilizouse a Salvamar Betelgeuse, que se encargou de reflotalo e escoltalo até o porto coruñés, dado que o pesqueiro aínda podía navegar. No barco que se produciu o incidente había oito tripulantes e o operativo deuse por finalizado ao fío das 5h, precisaron desde Salvamento.

Buque 'Salvamar Deneb' de Salvamento Marítimo, que participa na procura do tripulante desaparecido do 'Vilaboa Un'.
photo_camera Buque 'Salvamar Deneb' de Salvamento Marítimo, que participa na procura do tripulante desaparecido do 'Vilaboa Un'.
Comentarios