Ribeiro

As Bateas e Viña Carpazal
star
Viños

Dous viños de autor

Vide, vide! propón probar dous caldos galegos: un albariño -As Bateas-  e un ribeiro -Viña Carpazal.

viños2
star
Viños

Dous brancos do Ribeiro

Vide, vide! propón probar dous caldos galegos procedentes do Ribeiro: A Flor e a Abella e Gomariz 12.
Gomariz X 2020 e Resiliente 2020.
star
Viños

Un albariño no Ribeiro

Ánalizamos un albariño do Ribeiro e un resiliente Ribeira Sacra
Uvas da variedade treixadura danadas pola sarabia en Gomariz (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
ECONOMÍA

O pedrazo ameaza a colleita de uva no Ribeiro

Técnicos da Xunta realizan unha primeira avaliación dos danos e asesoran os viticultores dos pasos a seguir para minimizar as perdas ás portas da vendima.
ribeiro
ECONOMÍA

A Asociación Galega de Viticultura analizou na súa Asemblea Xeral o impacto da pandemia no sector

A xuntanza serviu para debater e definir novas liñas de traballo.

Nove Queipos e Capricho de sousón
star
Viños

Os tintos do Ribeiro non teñen cancelas

Analizamos os viños Nove Queipos barrica 2018 e Capricho de sousón 2018

Cume do Avia
star
Viños

Unha aposta xuvenil polo rural

Analizamos os viños Colleita nº 7 branco e tinto de Cume do Avia.

A devesa do Cervo na primavera.  (Foto: Colectivo Xea).
star
Reportaxes

Facer país nunha botella: o camiño do Ribeiro na internacionalización da Galiza

Baixo o paraugas da marca Camiño do Viño Ribeiro, este produto amosa á Galiza e ao mundo unha historia entretecida a base de rutas, camiños, paisaxes, lugares de arquitectura simbólica, hospedaxes e adegas vital para a nosa historia comercial. Un viño, o Ribeiro, coa denominación de orixe máis antiga do país e unha das máis veteranas de toda a Península, cuxa historia chega até Inglaterra ou América da man de Colón. Falar desta bebida, expoñen viticultoras, adegueiras e expertas, é ir máis aló da mera cata e procurar unha experiencia ao ar libre en tempos onde o enoturismo, en alza, procura solucións para as súas visitantes na época da Covid-19.
Botellas dos viños analizados (Fotos: Vide, vide!)
star
Viños

Ribeiro e Valdeorras para gozar do verán

Análise dos viños Rara Besta Loureira e Seiva Au
Os viños analizados (Foto: Vide, vide!).
star
Viños

Un mencía e un tinto do Ribeiro

Análise dos viños Calexotes e Alborexar ferrón
381 Viños
star
Viños

Brancos co arrecendo da beira do mar e tintos que volven á tradición histórica do Ribeiro

Análise dos viños Xirpin (Albariño) e Boas Vides (Ribeiro fóra de D.O.).
Falanxistas de Ribadavia no almacén de víveres de Luarca en Asturias. (Foto: Arquivo da Biblioteca Nacional de España)
Breve análise da violencia rebelde no Ribeiro (1936-1939)

E o sangue chegou ao Avia...

Vítimas e verdugos, verdugos e vítimas. O terror que substituíu a Guerra Civil en Galicia catalogou múltiples axentes sociais entre vítimas e vitimarios. Malia coincidiren en diversas ocasións, elaboraremos un relato que conxugue os nomes e apelidos das personalidades que fulminaron a realidade republicana cos que artellaron a construción do novo réxime. Aproximarnos á realidade local do Ribeiro axudaranos a comprender as dinámicas xerais e asimilar as múltiples singularidades desta comarca vitícola ourensá.
smg1909rosaliaFdezRial
CULTURA

Rosalía Fernández Rial: "A arte e o pensamento veñen de demostrar que son o único que nos pode salvar"

Rosalía Fernández Rial vén de publicar Árbores no deserto (Galaxia, 2020), un poemario no que se nutre das reflexións de 11 pensadoras feministas para crear versos que desafían o paso do tempo e nos conectan coas mulleres que non calaron para que nós sigamos loitando. A súa poesía non é estática, atravesa o papel e invade todo o que fai: as performances, a investigación e o seu labor como docente en Cabana de Bergantiños. Conversamos con ela para debullar como a arte, o feminismo e a educación (e o uso do galego neste contexto) nos poden salvar do abismo en tempos convulsos.
Edelmiro López, profesor da USC (Arxina)
ECONOMÍA

O futuro do Ribeiro está na internacionalización

Os viños do Ribeiro experimentaron un forte declive nos últimos 15 anos. O seu nome continúa a ser o máis coñecido, en parte por seren a Denominación de Orixe (DO) máis antiga da Galiza, mais segue a perder peso en produción e mercado. Un estudo que se presenta este sábado 8 de febreiro en Arnoia propón que a DO recupere terras e abra mercados 
Castrelo
Galiza

Proxecto mineiro de empresa española pon en pé a veciñanza de Ribeiro e Terra de Celanova

Unha empresa española presentou un proxecto para realizar propeccións e probas industriais de interese mineiro nunha superficie de perto de 1.700 hectáreas nos concellos de Cartelle, Ramirás, Arnoia e Castrelo do Miño, en Ourense. Os traballos afectarían zonas naturais protexidas e terían efectos sobre veciñanza e medio ambiente.
Vendima
SOCIAL

No Ribeiro as adegas pagarán polas uvas o que queiran

Fracasou a mesa de negociación do viño no Ribeiro. As adegas presentes negáronse a negociar un contrato homologado e a unificar prezos. FRUGA denuncia desleixo por parte da Xunta.
FOTO: ANPA O Carballo
Galiza

Nace a Coordinadora de ANPAs do Ribeiro para facer fronte aos recortes de Educación no rural

Programan futuras mobilizacións conxuntas e presionar colectivamente á Xunta ante a modificación das unidades escolares no curso 2012-2013
FOTO: ANPA O Carballo
SOCIAL

ANPAs do Ribeiro coordínanse para facer fronte aos plans da Xunta de finiquitar o ensino no rural

Castrelo do MIño acolle unha xuntanza das ANPAs da comarca para trazar unha estratexia, a extender a todo Ourense, ante os plans da Xunta de modificación das unidades escolares no curso 2012-2013