star
CULTURA
Redrum Teatro, a escena contra a intolerancia
30/ago./23
O dramaturgo almeriense Paco Bezerra fíxose tristemente célebre por encabezar os múltiples casos de censura que se deron no teatro de todo o Estado nos últimos meses. Agora, a compañía Redrum Teatro trae para o galego unha das súas obras máis célebres, 'O pequeno poni', que se estreará no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) e que permitirá ao público galego coñecer a obra dun dos autores máis interesantes da escena ibérica actual.