Quico Cadaval

20181009CDGPistacatroArnoiaArnoiaEstrea
Adaptación escénica do libro de Ferrín

O circo aprópiase de 'Arnoia, Arnoia'

Ese relato de iniciación á vida adulta, épico e alegórico como adoita o seu autor, que se titula Arnoia, Arnoia (1985) será circo. O Centro Dramático Galego, en coprodución coa compañía Pistacatro e baixo a dirección de Quico Cadaval, estrea esta quinta feira 11 de outubro a adaptación da obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, subtitulada O circo da casa pequena.
 

3213213321231
Lucía Aldao e Quico Cadaval toman posición sobre o affaire Rober Bodegas

Humor sen cancelas ou sátira á beira do racismo?

O humorista Rober Bodegas fixo saltar a polémica sobre os “límites do humor” cando a canle Comedy Central emitiu un monológo onde brincaba con estereotipos de ciganos. Xente como Lucia Aldao ou Quico Cadaval dan aquí a súa opinión sobre o humor e as súas fronteiras, de as ter.

Quico Cadaval.
Entrevistamos Quico Cadaval

"O Centro Dramático Galego é unha aparencia, porque non ten autonomía artística"

Quico Cadaval (Ribeira, 1970) vén de encher o Teatro Principal de Santiago durante tres días con A cabeza do dragón (Producións Teatráis Excéntricas), a primeira obra de Valle Inclán adaptada ao galego. Ten por diante unha intensa xira que levará o espectáculo por cidades e vilas do país e por Portugal. A acollida resultoulle satisfactoria. Admite estar aínda “esperando críticas". 

RP A cabeza do dragon_2
Crítica

A estrea de "A cabeza do dragón". Valle-Inclán tamén acouta en galego

Xaquín Núñez Sabarís achéganos unha crítica da representación de A cabeza do dragón, o primeiro Valle-Inclán en galego, unha farsa que se estreou o 3 de marzo da man de Producións Teatrais Excéntricas, con Quico Cadaval á fronte.

RP A cabeza do dragon_2
CULTURA

Chega a estrea de ‘A cabeza do dragón’, primeira obra de Valle-Inclán representada en galego

​Esta sexta feira chega a primeira representación de Valle-Inclán en galego, como consecuencia da liberación de dereitos e, polo tanto, a extinción da prohibición da familia. As funcións de 'A cabeza do dragón', dirixida por Quico Cadaval, serán os días 3,4,5,9,10 e 11 de marzo no Teatro Principal.

Quico Cadaval.
CULTURA

Quico Cadaval únese á Sinfónica para contar Historias do Mar

O artista poñerá voz á lenda de ‘O holandés errante’, de Wagner, e transladará o público ao mar entre cada un dos ‘Catro interludios mariños’, de Britten. 

Quico Cadaval.
QUICO CADAVAL, DIRECTOR DE 'A CABEZA DO DRAGÓN'

"É lamentable que teñamos que agardar a que se extingan os dereitos para que se poida facer en galego"

Quico Cadaval será o primeiro en rachar o malfado da obra de Valle-Inclán co galego ao dirixir 'A cabeza do dragón', a primeira montaxe do arousán na nosa lingua que se estreará o 3 de marzo en Compostela. O 1 de xaneiro expira, coa liberación dos seus dereitos, a prohibición da familia de representarse en galego, euskera e catalán. 

20160112123217-cartaz-jacques-web-web
CULTURA

Quico Cadaval dirixirá o primeiro Valle en galego, 'A cabeza do dragón'

A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea en o 3 de marzo en Compostela o primeiro Valle-Inclán en galego, unha farsa titulada 'A cabeza do dragón', que percorrerá toda Galiza e tamén se representará en Portugal. Adiántase así á estrea do CDG de dúas pezas do arousán, prevista para o 31 de marzo.