"Estamos nun empate eterno e o independentismo precisa máis forza"
Profesor de Ciencia Política da Universidade de Barcelona, Silvio Falcón, nado en Catalunya no seo dunha familia galega, olla o procés con óculos de científico social, mais tamén de persoa comprometida cun país en marcha cara á súa emancipación. Ten teorizado que na batalla de Catalunya o independentismo sofreu unha certa derrota -o soño de constituír un Estado independente fica aínda lonxe-, mais non por iso se deixa levar polo derrotismo. "O independentismo non tocou teito", afirma, certo de que Catalunya alcanzará a liberdade se o proxecto republicano é quen de gañar novas complicidades.
Vinte e unha Catalunyas máis
As nacións sen Estado abalan Europa. Todo sobre este asunto no Sermos279.
Carme Forcadell renuncia a presidir outra vez o Parlament
A que foi máxima autoridade do Parlament de Catalunya entre 2015 e 2017, Carme Forcadell, renuncia a volver á presidencia da Cámara. Número 4 da lista de Esquerra Republicana nas eleccións do 21 de decembro, Forcadell está imputada por delitos de sedición, desobediencia e rebelión.
Falece Maza, fiscal xeral do Estado e “azote” do procés
O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, faleceu na tarde do pasado sábado, día 18, debido a unha infección renal que sufriu en Bos Aires cando participaba nun encontro de fiscais. Malia non facer un ano no cargo, adquiriu sona polos atrancos que puxo ao procés soberanista catalán.
A internacionalización política e xudicial da cuestión catalá
Malia o Goberno español presentar o conflito aberto con Catalunya como un “asunto interno”, o escenario aberto após o referendo do 1 de outubro, a declaración de independencia, a aplicación do 155 e a ofensiva xudicial contra o Govern, a cuestión catalá atinxiu un alcance mundial. O profesor de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC Antón Martínez Puñal explica as chaves dese proceso de internacionalización, político e xudicial. Eis un extracto da análise publicada no Sermos 272.
CC.OO. non apoia o referendo en Catalunya porque “non reúne plenas garantías democráticas”
As votacións do 1-O non reúnen "plenas garantías democráticas” e, polo tanto, CC.OO. de Catalunya non apoiará o referendo, inda que “respectará” a decisión de cada un dos afiliados “de votar de acordo coa súa posición ideolóxica”, advirte o secretario xeral do sindicato en Catalunya, Javier Pacheco, nunha entrevista coa Agència Catalana de Noticies.
En Comú Podem desmárcase do consenso polo referendo e pide "eleccións xa"
Probabelmente envalentonados polo recente inquérito do centro de estudos demoscópicos da Generalitat, que aponta a unha leve queda do voto independentista, a marca catalá de Podemos afirma agora que o referendo "non aportaría nada" e pide unha nova convocatoria eleitoral.
Máis de 200 cargos electos cataláns investigados por acto a prol do 'procés'
Barcelona acolle este domingo unha concentración no seua apoio baixo o lema 'Defendamos as nosas institucións'.
O 'procés', no seu ponto máis crítico após a CUP vetar os orzamentos do Govern
A alianza soberanista entre Junts pel Sí e a CUP está a piques de pasar a mellor vida. A formación anti-capitalista resolveu esta terza feira non se mover da súa decisión inicial de apresentar unha emenda á totalidade aos orzamentos do Govern. A hipótese das eleicións antecipadas está xa sobre a mesa.
A CUP decide este mesmo serán se tomba os orzamentos do Govern e abre un escenario de novas eleccións
O procés volta a chegar a un ponto talvez de non retorno. O proxecto de orzamentos do Govern de Junts pel Sí podería se vir abaixo se a CUP decidir este serán votar nun sentido negativo. De seren rexeitadas as contas, a hipótese de ir de novo a eleccións voltaría a se pór sobre a mesa.
PSC, Ciudadanos e PP levan ao Constitucional as leis catalás 'de desconexión' con España
A Mesa do Parlament ratificou a súa decisión inicial de admitir a creación de tres ponencias conxuntas para redactar esas leis, algo que querían bloquear socialistas, populares e Cs.