star
CULTURA
O Play-Doc de Tui constata un notábel auxe das mulleres documentalistas
25/abr./23
A vila de Tui, na comarca do Baixo Miño, acolle esta cuarta feira a inauguración dunha nova edición do festival internacional de cinema documental Play-Doc, que busca, máis unha vez, pór en valor as obras máis destacadas do panorama internacional e as máis representativas da produción galega recente. O codirector do festival tudense, Ángel Sánchez, analiza con Nós Diario algunhas das chaves da XIX edición do certame.