Os nomes do terror

os nomes do terror presentacion
Nas librarías xa a segunda

'Os nomes do terror' esgota a súa primeira edición en menos de dous meses

No lento, asediado e militante proceso de recuperación da memoria histórica de Galiza había unha significativa zona de sombra, a dos nomes dos represores. A primeira tentativa global de deitar luz sobre o particular, Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (Sermos Galiza), vén de esgotar en apenas dous meses a súa primeira edición de 1.800 exemplares.

Manuel Pazos Gómez
PRESENTACIÓN DE 'OS NOMES DO TERROR'

"En Ordes, a represión foi proporcional á resistencia contra o golpe"

Na súa contribución ao libro colectivo pioneiro Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, o historiador Manuel Pazos Gómez céntrase na comarca de Ordes, onde reside. "Este libro é un chanzo máis dentro da recuperación da memoria histórica", afirma, "e aínda que en Ordes investigamos en diversas frentes desde 1996, é a primeira vez que recompilamos os nomes dos presuntos culpábeis da represión". Pazos participa este venres na presentación de Os nomes do terror en Ordes xunto ao presidente de Sermos Galiza -editora do volume- Xoán Costa e a Eliseo Fernández, un dos coordinadores da obra.

[Imaxe: Foto extraída do libro de José Luis Díaz Siembra y memoria. Muerte y evocación de un médico republicano (2010)] Escuadra Negra de Eirexalba.
En Ferrol será esta cuarta

Ordes acolle esta sexta feira a presentación de 'Os nomes do terror'

A primeira investigación exhaustiva sobre os nomes e os enderezos dos criminais do 36 en Galiza preséntase esta sexta feira en Ordes. O historiador Manuel Pazos, autor dun dos 13 ensaios recollidos en Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron centrado na represión nesa comarca, fará de anfritión nun acto en que tamén participarán o coordinador do volume Eliseo Fernández e mais o presidente de Sermos Galiza -editora do libro- Xoán Costa.

 

Carlos-Nuevo-Cal (1)
CARLOS NUEVO CAL, HISTORIADOR

"Este libro vai ser moi importante para axudar a perder medos"

Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro, leva desde a mesma Transición estudando a represión franquista e vén de publicar un artigo sobre os vitimarios na Mariña luguesa dentro da obra 'Os nomes do terror' que vén de publicar Sermos. E esta sexta feira participará na presentación que terá lugar en Ribadeo na Casa das Letras, xunto co alcalde da vila, Fernando Suárez, Xavier Rivera, Xoán Costa e Xosé Ramón Ermida. 

eliseofdez
ELISEO FERNÁNDEZ, COORDINADOR DE 'OS NOMES DO TERROR'

"Hai que rachar coa idea de que hai un terreo vedado á investigación histórica"

O historiador Eliseo Fernández, referencia no estudo do franquismo en Galiza, é un dos coordinadores de 'Os nomes do terror' (Sermos Galiza), ademais de autor do artigo sobre a comarca de Ferrol, unha zona especialmente castigada pola represión. Fernández tamén estará na presentación desta obra pioneira que terá lugar o 25 de xullo ás 17 horas no Festigal. 

Dionisio_Pereira
DIONISIO PEREIRA, HISTORIADOR

"Este libro é un contundente alegato contra a impunidade histórica dos xenocidas"

Falamos con Dionisio Pereira, un dos coordinadores de Os nomes do terror (editado por Sermos Galiza), a primeira obra que aborda a nivel nacional a represión no franquismo desde a perspectiva dos verdugos, que será presentada o vindeiro 25 de xullo ás 17 horas no Festigal.