O Courel

Espolio eólico

Un momento da visita á fundación. (Foto: Deputación de Lugo)
CULTURA

A Deputación e a Fundación Uxío Novoneyra unen forzas para rematar a restauración da casa do poeta

A vicepresidenta desta Administración, Maite Ferreiro, confirmou que queren "continuar coa súa labor de promoción e dinamización sociocultural a partir do legado de Novoneyra”.

A devesa do Cervo na primavera.  (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A Devesa do Cervo e o Montouto

Un percorrido que, remontando o curso do rego de Montouto, nos leva pola devesa do Cervo até as antigas cabanas de pastores e ao Collado dos Maragatos, na fronteira entre a Galiza e León, entre os cumes dos Tornos e Montouto, e de alí até o punto máis alto da serra dos Cabalos.
David Rodríguez, deputado do Grupo Mixto. (En Marea)
POLÍTICA

David Rodríguez reclama máis investimento para o plan de xestión da Ribeira Sacra, O Iribio e O Courel

En Marea presentou no Parlamento de Galicia unha proposta para que a candidatura a declaración de reserva da biosfera da Ribeira Sacra e as Serras do Iribio e Courel teña respaldo tanto no económico como na acción de preservación dos territorios desde o punto de vista natural. 
courel
Festival dos Eidos do 23 ao 25 de agosto

Música, danza e poesía no Courel dos tesos cumes

O territorio real que deu lugar a un dos mundos poéticos máis determinantes da literatura galega contemporánea acolle esta fin de semana a quinta edición do Festival dos Eidos. Música, danza ou poesía conforman un programa “multidisciplinar” cuxa sede será a casa natal de Uxío Novoneyra, autor dos Eidos, pero estenderase por toda a aldea de Parada entre o 23 e o 25 de agosto.
Parque eólico do Sil, en Nogueira de Ramuín. (Foto: Iberdrola)
A Xunta non protexe estes espazos dos eólicos

Trece novos parques eólicos ameazan a Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra, O Courel e O Iribio

Aos catro parques eólicos xa operativos no territorio que abrangue o espazo protexido da Ribeira Sacra, O Courel e O Iribio poderían sumarse outros trece, xa que a lexislación galega non impide a día de hoxe o inzamento destas instalacións nas reservas da biosfera.