A Xunta non protexe estes espazos dos eólicos

Trece novos parques eólicos ameazan a Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra, O Courel e O Iribio

Aos catro parques eólicos xa operativos no territorio que abrangue o espazo protexido da Ribeira Sacra, O Courel e O Iribio poderían sumarse outros trece, xa que a lexislación galega non impide a día de hoxe o inzamento destas instalacións nas reservas da biosfera.
Mapa cos catro parques eólicos operativos na Reserva da Biosfera e os trece novos que se atopan en fase de tramitación (Infografía: Nós Diario).
photo_camera Mapa cos catro parques eólicos operativos na Reserva da Biosfera e os trece novos que se atopan en fase de tramitación (Infografía: Nós Diario).