natureza

Ducias de máscaras e panos colgan dunha varanda en San Andrés de Teixido (Foto: Concello de Cedeira).
SOCIAL

Catro perigosas modas dos turistas

O turismo é unha fonte de ingresos innegábel e unha actividade humana que enriquece ás sociedades receptores, aínda que en ocasións trae consigo unha serie de comportamentos incomprensíbeis que ameazan o medio ambiente e o patrimonio, algo do que Galiza non escapa.

A enseada de Baiona, que se atopa situada entre os montes Alba e Maúxo, a serra do Galiñeiro e a serra da Groba, aberta ao mar. (Foto: Colectivo Xea)
star
Andar e Ver

O Coto dos Mouros

De esquerda a dereita, Uxía e Nuria Benlloch xunto a Antía Vargas (Antonio Gutierrez).
SOCIAL

Antía Vargas: "A xente xa se vai concienciando e continúa a liña de mirar o que compra"

Antía Vargas Hermida forma, xunto ás irmáns Nuría e Uxía Benlloch Giao, o proxecto "As flores de Greta", unha iniciativa que pon a técnica do ecoprint á altura da creatividade artesanal. Desde o seu obradoiro en Morgadáns (Gondomar) desenvolven esta idea en dúas liñas de traballo. Unha é a colección tenda, composta por pezas realizadas en liño, la, seda e algodón, de uso persoal ou doméstico; e outra a colección de noiva, formada por catro pezas que personalizan con flores.  
Un dos xardíns que se poden ver na edición do Festival de Xardíns deste ano. (Foto: Concello de Allariz) #allariz #xardín #xardóns #festivalinternacional #festivalinternacionaldexardíns
star
Festival Internacional de Xardíns

Natureza e poesía fúndense en Allariz

O xardín pode ser visto como unha metáfora da vida: precisa coidados, está suxeito ao azar das circunstancias, resume a loita entre o pracer e a decepción que toda existencia compaxina; é o lugar onde conviven a mazá e a serpe. O Festival Internacional de Xardíns de Allariz chega este ano á súa XI edición coa intención de propiciar a reflexión sobre os temas que se desvelan como esenciais para o noso futuro. E faino a través da poesía. 

A última esperanza

Migracións

Reportaxe de Ramsés Pérez, 'Achegarse ao mundo das aves'.
star
Caderno 'Aprender'

Achegarse ao mundo das aves

Propomos para estes días de restricións da mobilidade achegarnos á natureza máis próxima da man dos paxaros.
Ruta-Lagoas-de-Trevinca-con-Raquetas-de-Neve-2018asdasdasdas
SOCIAL

A natureza de Trevinca ameazada por cuarta vez polos parques eólicos

A natureza protexida das Montañas Trevinca volta a estar ameazada por un proxecto de parque eólico que pretende instalar 31 aeroxeneradores.
Turismo rural (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Un nadal no rural

A pandemia provocou unha diminución considerábel nas viaxes de lecer. Quer por medo quer por precaución, agora máis que nunca estase a procurar a seguridade e a tranquilidade que as grandes cidades e os destinos turísticos convencionais non ofrecen. As casas rurais semellan a mellor opción á hora de elixir o lugar onde pasar as vacacións. O rural simboliza illamento, natureza, espazo aberto, aire limpo e pouca xente. É o sitio perfecto onde pasar tempo en familia ou con amizades evitando as aglomeracións.
Pardela escura (Foto: Xabier Vazquez Pumariño).
star
Reportaxes

Estaca de Bares: paraíso ornitolóxico

Estaca de Bares é, case sen dúbidas, o mellor lugar de Europa para ver aves mariñas. Por alí pasan cada outono máis dun millón de aves dunhas 50 especies diferentes: un dos maiores espectáculos que a natureza ofrece ao paxareiro afeccionado e ao ornitólogo experto. Cada ano pasan tamén por alá moitas persoas afeccionadas á ornitoloxía de todos os recunchos de Europa. Mais non é só unha cuestión de turismo. Se cadra, xuntos, aves e ornitólogos, están contribuíndo sen sospeitalo a construír un futuro máis sustentábel.
Praia no río Tea (Mondariz). (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Enganchados ás rochas: o auxe da escalada na Galiza

A escalada na Galiza está en plena efervescencia. Após varias décadas nas que permaneceu como un deporte con escasa difusión e relevancia alén dun círculo de pioneiras, nos últimos anos cada vez máis xente se achega a probalo. Logo da apertura de rocódromos por case todas as cidades do país e impulsada tamén polo feito de alcanzar o status de deporte Olímpico, a escalada galega semella abrirse un oco entre as xeracións máis novas.
Comuneiras de Pinzás xunto coas vacas vienesas (Foto: Gustavo Rivas)
star
Reportaxes

Sementando alternativas: a loita contra o deserto verde

Nas últimas décadas a expansión do eucalipto no monte galego non dá visos de deterse. Malia as consecuencias medioambientais que isto ocasiona, este proceso foi amparado polas institucións co argumento de ser unha fonte de riqueza para un rural cada vez máis abandonado. Plantándolle cara ao modelo, moitos colectivos e comunidades de montes están demostrando que outra xestión do territorio é posíbel para crear riqueza e ser sostíbel ecoloxicamente. 
O oso é un dos animais dos que máis lendas se contaron e tamén dos que menos quedan. (Foto: Cosme Damián).
star
Reportaxes

Fauna que fala: Historias da ollada humana sobre os animais

O desexado desconfinamento descóbrenos paisaxes coñecidas que se presentan novas, cheas de luz no solleiro da liberdade recuperada. Nesas paisaxes, neses ecosistemas sostidos por forzas miúdas de valor universal aniñan, crían, voan e nadan estes animais obxecto de lenda, sabedoría e relato na intrahistoria da explicación ao inexplicábel en tempos pasados. Os animais salvaxes como corpo para os conflitos, amores, sucesos históricos e explicacións climáticas de todo aquilo por onde voltamos a pasar os ollos na saída do fogar. Sermos Galiza fala con tres expertas no natural –e no romance biolóxico da lenda– arredor da convivencia e historias cos animais que poboan a Galiza.
383 Andar e ver
star
Andar e Ver

Da praia de Valarés a Corme

Os camiños pola costa de Ponteceso son escasos, o relevo abrupto, con caídas verticais de ata máis de 100 metros, e sen abrigos, o que non fai nada doada a subsistencia nin favorece o asentamento de poboacións, e se non hai xente non hai camiños, tanto é así que nos máis de 40 quilómetros de costa do concello só se atopa unha poboación litoral, a vila de Corme, asentada no abrigo da súa enseada e xa dentro da ría. 
382 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Costa de Bueu

O concello de Bueu está situado na banda do sur da ría de Pontevedra e inclúe no seu territorio as illas de Ons, Onza e os illotes dos arredores.
poza xeada
star
Andar e Ver

Días curtos e neve nos altos

A cuberta branca, uniforme, muda por completo a paisaxe, transfórmaa, envolve as formas, elimínalle as durezas, as arestas, as cores, para convertelo todo nun mundo suave e mol que atrae e convida a entrar.
382 Arquitectura
star
Arquitectura

Acougo en terra hostil

Algunhas das máis asombrosas construcións vexetais urbanas álzanse nas nosas prazas achegando silencio e acougo.
Vacas pastando nunha leira (Xunta).
SOCIAL

Animalistas denuncian a difusión de vídeos de cans adestrados atacando "brutalmente" vacas e porcos

Falan de "crueldade" de cans adestrados para atacar "brutalmente" a vacas e porcos en dúas localizacións que se poderían situar, segundo estiman ambos os colectivos, entre Ourense e Zamora.

Brigadas antiincendios prepáranse para combater o lume en Prado de Limia, Muíños (@Briflaza)
SOCIAL

Tres parques naturais carecen de Plan reitor de uso e xestión

O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés perdeu máis de 2.000 hectáreas nos últimos días. O lume arrasou case por completo a súa reserva integral mentres segue á espera da aprobación dun novo Plan reitor de uso e xestión complementario do Plan de ordenación dos recursos naturais revisado en 2009 após a súa creación en 1993.
César Martínez, asociación Betula (Nós Diario)
SOCIAL

César Martínez, asociación Betula: "Nos terreos privados a xente non entende moi ben o que é a custodia do bosque"