luns 18/10/21

Un nadal no rural

A pandemia provocou unha diminución considerábel nas viaxes de lecer. Quer por medo quer por precaución, agora máis que nunca estase a procurar a seguridade e a tranquilidade que as grandes cidades e os destinos turísticos convencionais non ofrecen. As casas rurais semellan a mellor opción á hora de elixir o lugar onde pasar as vacacións. O rural simboliza illamento, natureza, espazo aberto, aire limpo e pouca xente. É o sitio perfecto onde pasar tempo en familia ou con amizades evitando as aglomeracións.
Turismo rural (Foto: Nós Diario).
Turismo rural (Foto: Nós Diario).
Falar do Nadal é falar da familia, de ceas infinitas e de xuntanzas coas persoas que queremos. É falar da volta á casa, de viaxes e de reencontros. Mais este ano nada diso vai poder pasar. A situación de pandemia debida á Covid-19 vai…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios