Estaca de Bares: paraíso ornitolóxico

Estaca de Bares é, case sen dúbidas, o mellor lugar de Europa para ver aves mariñas. Por alí pasan cada outono máis dun millón de aves dunhas 50 especies diferentes: un dos maiores espectáculos que a natureza ofrece ao paxareiro afeccionado e ao ornitólogo experto. Cada ano pasan tamén por alá moitas persoas afeccionadas á ornitoloxía de todos os recunchos de Europa. Mais non é só unha cuestión de turismo. Se cadra, xuntos, aves e ornitólogos, están contribuíndo sen sospeitalo a construír un futuro máis sustentábel.
Pardela escura (Foto: Xabier Vazquez Pumariño).
photo_camera Pardela escura (Foto: Xabier Vazquez Pumariño).
Ao chegar ao cabo de Estaca de Bares , un aparcadoiro acolle os turistas, que deixan os seus vehículos para subir até o faro, dar uns paseos coa ollada posta nos acantilados e facer algúns selfies…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios