Martiño Noriega, alcalde de Compostela
X.M.
04/feb./18 10:57
É un dos indiscutíbeis protagonistas do último lustro da vida política do país e agora co-protagoniza -xunto co co-autor Daniel Salgado- o libro de conversas A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017) (Ed. Xerais). O volume ten algo de relato dunha derrota -de ton elexíaco, de laio polo paraíso que non se puido conquistar-, aínda que Martiño Noriega (A Coruña, 1975) se esforza por non ficar atrapado pola melancolía e por indagar sobre os vieiros que poden levar ao futuro. A súa aposta polo mantra da unidade popular -a concertación de soberanistas e esquerda estatal- é inequívoca e estratéxica.