star
Reportaxes
Leandro Lamas: un pobo a toda cor
16/feb./24
Leandro Lamas, ‘Leandrinho’, pinta desde o seu estudio da Mourela unha Galiza a cor, de trazos únicos e rapidamente recoñecíbeis. Láminas e lenzos que unhas veces contan historias persoais e outras reivindican e berran por todas as que non teñen voz, polas causas xustas. É un dos grandes referentes artísticos da Galiza contemporánea coa súa pintura naif caracterizada polo uso da cor nas súas obras.