star
CULTURA
As editoras galegas lembran nun acto catro décadas de defensa do sector
08/xuño/23
Por vez primeira o sector da edición na Galiza celebra cun evento a creación da Asociación Galega de Editoras (AGE). A entidade reuniu en Compostela representantes de empresas, asociacións e administracións para facer memoria do traballo realizado durante estes últimos 40 anos.