Foro de debate

Davide Salvado no Aniversario de Sermos
Davide Salvado

"Un país que non apoia a súa cultura non está ben culturalmente"

Este domingo quen senta connosco a falar no #VenhanMaisCinco é o músico Davide Salvado, que estes días apresenta o seu último traballo, Lobos.

Rosalía
Unha escolma do papel

Biografía de Rosalía de Castro: novos deben ser os nosos ollos

O parentesco da familia Tobío con Rosalía de Castro está na orixe dos documentos persoais dos que a investigadora e escritora Marga do Val bota man para revisar algúns datos biográficos da poeta.

xurxo
Unha escolma do papel: Conversas con Xurxo Souto

“Que o mundo do mar sexa invisíbel é unha gran estafa”

Cando fala de Contos do mar de Irlanda (Xerais), o escritor e músico Xurxo Souto entusiásmase co tesouro que transmite neste seu novo libro, esa épica do mar que non tivemos e que, ao seu ver, nos corresponde. Terrícola mais virado cara ao mar, Xurxo Souto asina un libro no que se aprezan as súas marcas, a reivindicación de personaxes anónimos, a descoberta de historias, a enerxía e a emoción e unha capacidade para comunicar case sen límites. 

Carme Adán
Carme Adán

"O ciclo de goberno de Feijóo foi nefasto"

Este sábado no Venhan Máis Cinco conversamos con Carme Adán, filósofa e ex deputada do BNG.

Denís F. Cabrera. Autor do deseño da capa do Sermos250
Denís F. Cabrera, autor da capa do Sermos250

"Quixemos transmitir a idea de progreso, de tirar para adiante"

Falamos con Denís F. Cabrera, autor da capa do número 250 de Sermos Galiza, sobre o simbolismo que hai detrás deste deseño.

Antonio Dieter
Antonio Dieter Moure

"Débese correxir o desequilibrio existente entre a periferia e o interior de Galicia"

Esta sexta feira Venhan Máis Cinco conversamos con Antonio Dieter Moure, ex presidente da Confederación Empresarios de Galicia e actual director do colexio Valle Inclán de Ourense. 

pegasus
Unha escolma do papel

Pegasus: controlando o tráfico desde as alturas

Sermos Galiza acompaña durante unha xornada o equipo responsábel do helicóptero da DXT con base en Alvedro para descubrir como funciona a súa dotación tecnolóxica.

Sermos somos todas e todos!

álvarolópezmira
Álvaro López Mira

"Galiza opta cada vez por ser menos galega"

Esta quinta feira a conversa do #VenhanMais5 é co politólogo e escritor Álvaro López Mira.

barcocableiro
Unha escolma do papel

Cabos submarinos: a arañeira que tece a Internet

99% do tráfico intercontinental de voz e datos circula baixo as augas.

Detalle da capa do Sermos250
SOCIAL

O especial para celebrar o V Aniversario de Sermos Galiza xa está nos quiosques

Sermos Galiza celebra o seu V aniversario e a publicación do número 250 do semanario co lanzamento dun especial de 64 páxinas carregado de entrevistas e análises sobre as temáticas fundamentais de Galiza. Máis de 30 voces para compoñer un retrato plural do país. Este Sermos250 vén, portanto, con 104 páxinas (as 64 do especial e as 40 de todos os números). Xa o tes disponíbel on line na nosa loxa e esta quinta feira, nos quiosques e pontos de venda habituais. 

serm
ESPECIAL SERMOS250 / V ANIVERSARIO

O presente e o futuro da cultura galega, a análise

Este 15 de xuño, alén do semanario habitual, as nosas lectoras e lectores poderán ler de vagar un suplemento de 64 páxinas en que debullamos moitos temas. E a cultura non podía faltar, por suposto. Con protagonistas e analistas que comentan o presente e nos nos sinalan os retos que nos trae o futuro. 

ánxelfole
Unha escolma do papel

A descoberta de dous poemas inéditos do Ánxel Fole máis satírico

O tesouro que agocha o Fondo Ben-Cho-Shey, depositado no Arquivo Provincial da Deputación de Ourense, permítenos rescatar dous dos primeiros poemas da liña satírica de Anxel Fole, Rimas e El Borbón y su Lacayo que até a data permanecían inéditos ao ficar excluídos da edición das obras completa deste autor. Alén dos valores literarios dos mesmos, a súa divulgación permítenos repasar e coñecer o contexto político do final do réxime de Alfonso XIII e o conxunto de forzas que asentaran a II República.

Lector sermos galiza semanario xornal foto de elvira fernández
Especial Sermos250/V aniversario

Un coro de voces para tomar o pulso á economía galega

O suplemento que acompaña o Sermos 250 abrangue nas súas 64 páxinas unha ampla selección de temas e focaxes, entre os que non podía faltar a economía. 

ignaciovilar
Ignacio Vilar

"Moitos galegos fan o hara-kiri á súa propia cultura"

Esta terza feira no VenhanMáisCinco a claqueta quen a porta é o director de cinema Ignacio Vilar, autor de filmes tan laureados como A Esmorga ou a recente Sicixia.

puntogal1
Unha escolma do papel

puntoGAL: un país de seu na Rede

Un total de 93 webs xa operan co dominio .gal, unha cifra que se espera que a partir de decembro sexa de milleiros. Oito anos de traballo e compromiso deron os seus froitos: Galiza con existencia propia no mundo das redes.

Novo Sermos. Sermos 181
64 páxinas a maiores no número 250

Máis de 30 voces compoñen un retrato plural do país no especial do V aniversario do Sermos

O suplemento que acompaña o Sermos 250 abarca nas súas 64 páxinas unha ampla selección de temas e enfoques, que durante os próximos días iremos adiantado. Xosé Mexuto, Carme Adán, Antón Losada, Valentín García ou Miguel Anxo Bastos, son algunhas das sinaturas que analizarán o panorama político galego.

Tokio
Unha escolma do papel: Conversa con Alfredo López, Tokio

“O debuxante precisa facer ilustracións con bisturí”

O debuxante Alfredo López, Tokio, presentará en Viñetas do Atlántico a súa segunda novela gráfica, A causa do crime (Demo Editorial), unha historia policial na que se retrata o Vigo dos anos oitenta. Colaborador de Sermos Galiza desde o primeiro número, Tokio iniciouse nese mesmo tempo e nesa mesma cidade no mundo da banda deseñada.

Francisco Jorquera comparecendo no Parlamento de Galiza. Foto: Irene Pin
Francisco Jorquera

"O BNG está nunha liña de clara recuperación. Eis a principal razón para a esperanza"

Esta segunda feira quen se debruza sobre a xanela do #VenhanMais5 é Francisco Jorquera, presidente da Fundación Galiza Sempre.

 

 

EU
María Obelleiro, directora do semanario "Sermos Galiza"

“O especial quere ser unha peza de colección que teña vida alén dos cinco anos de Sermos”

O semanario Sermos Galiza fai 5 anos cando suma xa 250 números. Entrevistamos a súa directora, María Obelleiro (Arcade, 1985), quen nos avanza detalles do suplemento especial co que Sermos celebra o seu primeiro lustro e os 250 números en papel.