estudantado

Protestas en Dacca, a capital de Bangladesh, a pasada semana. (Foto: Habibur Rahman / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Confírmanse como mínimo 174 falecementos nas protestas estudantís en Bangladesh

Máis de 2.500 persoas foron detidas durante as mobilizacións deste mes.
Vivendas na cidade histórica de Compostela. (Foto: Nós Diario).
Vivenda

A realidade dos pisos 'para estudantes': "Alúganse vivendas insalubres e non aptas para ser habitadas"

Coafga lembra que calquera piso que se oferte no mercado de aluguer "debe ter unhas condicións mínimas de habitabilidade e contar con instalacións seguras e actualizadas de gas, electricidade e auga".
Protesta de estudantes da USC por Palestina na praza do Obradoiro, esta cuarta feira. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Os estudantes encerrados no reitorado da USC son desaloxados

A acampada pro Palestina tamén é expulsada da Facultade de Xeografía e Historia.
EuropaPress_4504967_estudiantes_esperan_antes_comenzar_pruebas_acceso_universidad_2022_junio
Ensino

13.448 estudantes galegos enfrontan desde a terza feira a última ABAU co modelo Covid

A terza feira arranca a ABAU para perto de 13.500 estudantes galegos. A proba será a última desenvolvida seguindo o denominado modelo covid. Os exercicios do vindeiro ano terán en conta as mudanzas introducidas pola Lomloe.

Un estudante durante un exame da ABAU de 2023 en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Case 13.000 estudantes enfróntanse á ABAU

Ademais de en facultades das sete principais cidades (A Coruña, Santiago, Vigo, Ferrol, Lugo e Ourense), decorrerán en institutos de Cee (comarca de Fisterra), A Rúa (Valdeorras) e Viveiro (A Mariña).
Concentración de Erguer esta segunda feira (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Erguer censura a conversión do antigo hospital universitario de Compostela nunha residencia privada

A organización reclama unha aposta da Xunta e do Estado para desenvolver residencias públicas en Compostela.
IES Luís Seoane de Monte Porreiro, Pontevedra (Foto: Nós Diario).
Agora

Alumnado e profesorado do Luís Seoane de Pontevedra organizan a Feira da Sostibilidade

Esta quinta feira dará comezo a segunda edición da Feira da Sostibilidade organizada polo colectivo de alumnado e profesorado Eco-Étika e que decorrerá no IES Luís Seoane, en Pontevedra, durante os días 18, 19 e 22 de abril. O colectivo Eko-Étika desenvolveu o curso pasado unha primeira edición da Feira da Sostibilidade -galardoada co premio á Innovación Educativa da Xunta da Galiza-, a cal se converteu no primeiro espazo de encontro na Galiza que une comunidades educativas, institucións, asociacións ou comercios de proximidade nun mesmo espazo coa intención de tecer redes asociativas críticas e activas para traballar de forma conxunta por construír unha sociedade sostíbel.
Protesta de Erguer. Estudantes da Galiza, esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
Agora

Erguer levántase contra os prezos das cafetarías

Erguer. Estudantes da Galiza denunciou esta quinta feira en Compostela que "os prezos das cafetarías universitarias, reguladas pola Xerencia [da universidade], veñen de sufrir unha fortísima suba". Segundo sinalaron, "o prezo do menú do día subiu a 7,5 euros desde os 6 euros do ano 2021", o que supón un aumento de 25%. "Mais tamén sabedes ben que isto non é un feito illado: o aluguer medio de Compostela, por exemplo, aumentou 41% só desde 2017, e sempre pagamos nós, as estudantes", proseguiron. "Temos non só a responsabilidade, senón tamén a necesidade de alzarmos a voz, mobilizarnos e organizarnos", reivindicou a organización. Ademais, o colectivo demandou "unha universidade democrática e popular, onde a restauración universitaria non só sexa máis accesíbel, senón un dereito de todos e todas as estudantes".
Khaled Abu-Qare nunha protesta propalestina en París. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Khaled Abu-Qare, líder estudantil palestino en París: "Os feitos non comezaron en outubro, isto ten causas profundas"

Khaled Abu-Qare é o presidente de Estudantes pola Xustiza en Palestina na universidade francesa de Science Po. Nado na Xerusalén ocupada, estuda nestes momentos Seguridade Internacional.
Alumnado do centro Portovello de Ourense (Foto: Erguer. Estudantes da Galiza).
Agora

Erguer denuncia a "vulneración de dereitos estudantís" por parte do centro Portovello de Ourense

A organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza denuncia a imposición dunha normativa por parte do equipo directivo do centro Portovello de Ourense que “vulnera os dereitos do estudantado, non permitindo xustificar ningún tipo de faltas de asistencia salvo casos extremos como defuncións de parentes directos ou informe médico especializado”. O estudantado denuncia a “actitude de estreiteza por parte da directiva que teima en non dialogar co alumnado, e sinala o prexuízo académico que supón a imposibilidade de xustificar a non asistencia, ademais de reclamar a suspensión desta nova normativa polo abuso de poder que supón por parte do centro e pola invisibilización das diferentes circunstancias que poidan estar sufrindo as estudantes”.
Isabel Diéguez e Andrés Mazaira, docentes da UVigo, encargáronse de presentar o documento (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
ECONOMÍA

Cal é o impacto económico dunha universidade? Un estudo revela a importancia da UVigo

A institución tamén produce un importante número de empregos directos e indirectos.
Sede da Audiencia da Coruña (Foto: Google).
SOCIAL

Piden nove anos de prisión para un mozo acusado de violar unha menor nunha residencia de estudantes

A vista fixouse para esta terza feira na Audiencia da Coruña, onde se acordou que fose a porta fechada para preservar o dereito á intimidade da vítima.
O metro cadrado en aluguer acadou en xaneiro 8,08 euros na Galiza (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Os pisos que se alugan a estudantes non cumpren as “condicións mínimas de habitabilidade”

Pedir o certificado enerxético e a xustificación do depósito da fianza no Instituto Galego de Vivenda e Solo, as recomendacións de administradores colexiados

O consello de Minstras e Ministros aprobou a partida de bolsas para o curso 2023/2024 (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Apróbanse as bolsas para o estudantado do vindeiro curso. Eis todo o que precisas saber

A partida, que inclúe tamén unha axuda universal de 400 euros a alumnos con discapacidade, ascende a 2.520 millóns de euros.
Estudantes no Campus Sur da USC (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A Xunta recorta 40% as axudas a alumnado con baixos recursos

A nova bolsa asigna 2.000 euros menos por persoa que en 2006.
DIA DA PATRIA 1985
SOCIAL

GALERÍA | 50 anos da fundación de ERGA

Manifestación de ERGA contra as taxas universitarias en 1977. (Foto: Fundación Terra e Tempo)
MEMORIA E HISTORIA

A Fundación Galiza Sempre conmemora os 50 anos de ERGA

Análise dos inicios do movemento estudantil.
O responsábel de Erguer, Artai Gavilanes (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O Consello Nacional de Erguer escolle Artai Gavilanes como novo responsábel da organización

"É para min un orgullo representar a organización estudantil nesta nova etapa" afirmou o novo responsábel.
Unha estudante universitaria, tomando apuntamentos (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

Estudantes rebélanse contra o Estatuto do Bolseiro: "Segue sen garantir a remuneración e a calidade das prácticas"

O texto aprobado por sindicatos e o Ministerio de Traballo non convence ao alumnado, que demanda unha "reforma integral das prácticas, especialmente no ámbito académico, garantindo a súa formatividade, remuneración, cotización e calidade".

Máis dificultades?