eleccións galegas 2016

Comezo de campaña eleccións galegas 2016
En xogo a continuidade de Feijóo e o status político do país

Primeiras mensaxes de campaña na carreira cara ao 25S

Xa están aquí a campaña, os cartaces, os mitins, os debates. 15 días para decidir se continúa Feijóo despois de 7 anos en Monte Pío ou se se produce unha mudanza. 15 días para resolver se se mantén o actual status político do país ou se se avanza na dirección do pleno autogoberno nacional.

POLÍTICA

O CIS outorga unha clara maioría absoluta ao PP

Feijóo camiña con paso firme cara ao seu terceiro mandato, de se confirmaren os dados do CIS, feitos públicos ao fío das 12.30 horas desta quinta feira. 40-41 escanos para a formación conservadora. Pelexa de En Marea (15/17) e PSdeG (16) pola segunda praza. BNG obtén 2 escanos. Cs podería conseguir representación por Pontevedra. Titulares de urxencia do CIS das galegas.

O soño necesario

 

Comeza a campaña

Entrevista Suso de Toro. 7-9-2015
POLÍTICA

Referentes da cultura chaman á oposición a que faga un goberno progresista despois do 25S

Baixo o título xenérico de Fagan Favor, Fagan Goberno unha iniciativa de intelectuais e referentes da cultura, lanzada esta cuarta feira no Facebook, pide ás forzas da oposición (PSdeG, En Marea, BNG) que se comprometan a facer un goberno "de cambio progresista" despois do 25S.

Que se xoga Galiza o 25S?

marea
POLÍTICA

En Marea quer anular o calendario da LOMCE e rematar co encerramento de escolas no rural

O candidato de En Marea, Luís Villares, elixiu A Coruña para apresentar esta cuarta feira as propostas desta formación en materia de educación.

Almorzo informativo 2
POLÍTICA

Pontón di que a campaña vai de abrir un “tempo novo” e non do futuro das “estrelas convidadas”

Na véspera do comezo da carreira eleitoral, a candidata do BNG, nun almorzo cos meios, anuncia que a formación soberanista quer investigar desde o goberno a “fraude” da venda das caixas galegas.

image1
Alega ter máis representación municipal que Cs

Compromiso recorre a súa exclusión da programación eleitoral dos meios públicos

Nen Cs nen Compromiso teñen presenza neste momento no Hórreo. Tampouco no Congreso polas circunscricións galegas. Porén, Cs si estará na programación eleitoral dos meios públicos ao ser considerado como un “grupo significativo”. Compromiso alega que non é menos significativo que Cs.

Rolda de prensa
POLÍTICA

O BNG, contra a precariedade do servizo de extinción de incendios

Pór fin á precariedade do servizo de extención de incendios e apostar nunha nova política forestal. Eses son os dous compromisos que selou Ana Pontón con traballadoras e traballadores da empresa pública SEAGA, cos que se reuniu esta cuarta feira en Compostela.

En dupla campaña

Feijóo defínese como un "político nacional" e marca distancias con Rajoy sobre Soria

Feijóo é o candidato á presidencia da Xunta por terceira vez consecutiva, mais todo indica que non deixa de ter A Moncloa no seu albo. En Madrid esta segunda feira o líder conservador definiuse como un "político nacional" e cuestionou a aterraxe do ex ministro Soria no Banco Mundial.

En Marea. Programa Meio Ambiente.
POLÍTICA

Villares di que Ence é a "porta xiratoria" do PP e chama "bacteria" a Feijóo

O candidato de En Marea fotografouse en Poio coa factoría de Ence como pano de fondo para testemuñar a aposta da súa formación política nunha mudanza radical na política da Xunta en materia de meio ambiente. Villares denunciou a complicidade de Feijóo perante o alargamento da concesión á pasteira por espazo de 60 anos por parte dun goberno, o de Rajoy, en funcións.

Leiceaga coa Academia Galega do Audiovisual
POLÍTICA

Leiceaga aposta nunha nova lei galega do audiovisual

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, sostivo esta segunda feira un encontro cunha representación da directiva Academia Galega do Audiovisual, á que deu traslado das propostas da formación socialdemócrata en relación a este sector da industria galega.

Ana Pontón visita cociña da escola infantil de Ames
POLÍTICA

BNG propón unha lei de transporte escolar e a xestión dos comedores por parte da Xunta

Comeza o curso escolar e a candidata do BNG, Ana Pontón, visitou esta segunda feira a escola infantil de Ames. A aposta no ensino é chave para “abrir un tempo novo” na Galiza, proclamou.

POLÍTICA

Cs mostra na Galiza que a súa aposta é na continuidade, non na mudanza

Sánchez refírse a Ciudadanos como unha "forza do cambio", mais na Galiza o partido de Rivera non está pola mudanza, senón pola continuidade de Feijóo.

FEIJOO
Pura coincidencia ou cálculo medido?

O PP tira do DOG para se reforzar na precampaña

Sorprende a insual actividade da Xunta de Galiza nos últimos días. Só na última semana, o Goberno galego puxo en marcha –ou deu luz verde- até 13 actuacións de marcado carácter electoralista, pois moitas delas agardadas desde había meses.

Carmen Santos, nun acto de En Marea
Unha circunscrición chave para o 25S

As batallas por Pontevedra

Din que a batalla por Pontevedra será decisiva. Á batalla por conquistar o electorado de cara ao 25 de Setembro súmanse os problemas internos que arrastran as diferentes forzas que concorren pola circunscrición, problemas que lonxe de minguar, agudízanse a medida que se achegan as eleccións.

Un día con Ana
POLÍTICA

Un día con Ana

Este vídeo de precampaña do Bloque Nacionalista Galego, acompaña Ana Pontón, candidata á presidencia da Xunta da Galiza, durante toda unha xornada de intenso traballo.
POLÍTICA

Leiceaga oferece políticas ao sector lácteo para “reforzar grupos sólidos de base galega”

Sen utilizar a expresión Grupo Lácteo Galego, o candidato do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, veu prometer esta quinta feira algo polo estilo. Anunciou que desde o goberno apoiaría “proxectos lácteos das coooperativas para reforzar grupos sólidos de base galega”.

PONTON SINATURA 20 COMPROMISOS CONCELLOS BNG
POLÍTICA

Pontón asina coas alcaldesas e alcaldes do BNG compromisos de colaboración desde o goberno

O BNG quer levar a experiencia dos seus gobernos municipais á Xunta da Galiza, para reafirmar a súa vocación de forza transformadora desde o executivo do país. Ese é o sentido do acto que protagonizou esta quinta feira en Compostela.