eleccións galegas 2016

Pontón reunión con expertos programa eleitoral 31 de agosto de 2016
POLÍTICA

Pontón desvela xa as tarefas para os primeiros 100 días de goberno

Os primeiros 100 días dun goberno do BNG porían xa sobre a mesa as prioridades para toda a lexislatura: criación de emprego, resgate dos servizos públicos e loita contra a pobreza.

Captura de pantalla 2016-08-30 11.21.23
O 25S nas redes

@obloque desvela quen tivo a idea de adiantar as eleccións galegas

O campo de batalla está agora máis nas redes do que nos mitins ou nos platós de televisión. Os community manager toman o mando. Para comezar o do Bloque desvela quen tivo a idea de adiantar as eleccións galegas. E non, non foi Urkullu.

Luís Villares
POLÍTICA

Villares promete que a Marea lle vai devolver os meios públicos á cidadanía

Sen a desgubernamentalización dos meios de comunicación públicos da Galiza non é posíbel falarmos dunha democracia merecente de tal nome, veu dicer esta segunda feira o candidato da Marea á presidencia da Xunta.

Apresentación do lema de campaña do BNG
POLÍTICA

Apresentación do lema de campaña do BNG

Conferencia de imprensa do BNG para apresentar o seu lema de campaña para as galegas.
Goretti Sanmartín e Rubén Cela cos cartaces deseñados para a campaña electoral. Foto: Irene Pin
Lema do Bloque para o 25S

"Construír Galiza con ilusión. Galiza contigo"

O Bloque Nacionalista Galego presentou oficialmente a súa campaña electoral esta mañá na súa sede de Santiago de Compostela. Rubén Cela e Goretti Sanmartín definiron as chaves dun proxecto de proximidade. 

Bandeira da patria
Enfatizan a súa "aposta estratéxica pola soberanía"

Manifesto de 164 persoas independentes a prol do BNG

As persoas asinantes son independentes e valorizan o "programa concreto e claro" do Bloque.

28663762074_49c8831ce9_z
POLÍTICA

Leiceaga propón un Plano de Emprego xuvenil cun investimento anual por volta dos 100 millóns

É todo un clásico das campañas eleitorais por parte das forzas da esquerda: a proposta dun plano de emprego xuvenil. Fíxoa este domingo Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato do PSdeG á presidencia da Xunta.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
POLÍTICA

Compromiso apreséntase como a “nova forza galeguista”

O Parque de Bonaval foi este sábado o cenario eleito por Compromiso por Galicia para apresentar as súas candidaturas ao Parlamento galego. A aposta central é a prol do autogoberno: “As decisións de Galiza, en Galiza”, dixo Bascuas.

ANA PONTON CONSELLO NACIONAL2
O BNG aproba o programa eleitoral

Pontón proclama que “non chega con derrotar Feijóo, hai que mudar o marco político”

A proposta do BNG ao país é dupla: relevar o goberno Feijóo e mudar o “marco político”, de xeito que se rache co “modelo de dependencia”. Así o argumentou este sábado Ana Pontón. O Consello Nacional aprobou o programa eleitoral.

Apresentación En Marea na Coruña
POLÍTICA

Villares chama a Feijóo “escapista” por non asumir responsabilidades en materia de incendios

Durante a apresentación da candidatura por A Coruña de En Marea ao Parlamento da Galiza, Luís Villares cargou contra Feijóo por non ter asumido responsabilidades en materia de incendios. 

POLÍTICA

A candidata de Cs anuncia que Rivera estará en sete actos da campaña do partido laranxa

Cristina Losada é a candidata formal de Cs nas eleccións galegas, mais o grande activo da campaña será o seu líder estatal, o catalán Albert Rivera. Losada anunciou que Rivera estará en “sete actos” e que, aínda que tamén se prodigará en Euskadi, virá a Galiza a fechar a campaña.

Presentación das candidatas e candidatos de Cs
POLÍTICA

Presentación das candidatas e candidatos de Cs

Conferencia de imprensa en que Cristina Losada, a candidata de Cs á presidencia da Xunta, apresenta o resto dos cabezas de lista da formación.
Ana Pontón
POLÍTICA

BNG propón unha rede de embaixadas para internacionalizar as empresas galegas

O Consello Nacional do Bloque aprobará este sábado o programa eleitoral da formación soberanista galega. Entre as propostas, unha xa foi avanzada esta sexta feira por Ana Pontón: a criación dunha rede de embaixadas comerciais do país para "a internacionalización das empresas galegas".

Un partido "máis socialista" e "máis galego"
POLÍTICA

Un partido "máis socialista" e "máis galego"

A campaña do PSdeG ten como lema "Unha nova resposta". O partido quer apresentar nesta campaña, gravemente perturbada pola súa delicada situación interna, un discurso máis comprometido co país. De feito, nos seus eslóganes afirman querer ser un partido "máis socialista" e "máis galego". Este que oferecemos é o novo vídeo da súa precampaña.

En Marea debe evitar a frustración

CRTVG
O BNG pide un cara a cara Pontón-Feijóo

A TVG oferece un debate a 5 para o 12S, 13 días antes da votación

Sería en prime time, tal e como demandou onte o BNG. Están convidados Feijóo, Leiceaga, Pontón, Villares e Losada, candidata de Cs, embora esta forza non estar representada no Hórreo.

Goretti Sanmartín (BNG).
POLÍTICA

BNG pide un debate a dúas voltas nos meios públicos e en prime time

Un debate a dúas voltas en prime time entre Feijóo, Leiceaga, Villares e Pontón. Iso é o que pide o BNG para a xa inminente campaña eleitoral nos meios públicos galegos.

Marea Morada: a última metamorfose da esquerda española

Ana Pontón precampaña 23 de agosto de 2016
POLÍTICA

Pontón devolve o golpe a Feijóo: “Foi el quen creou caos na vida de moitas persoas”

A palabra de orde de Feijóo de aquí ao 25S é ou eu ou o caos. Pois ben, Ana Pontón devolveulle esta terza feira o golpe ao líder conservador: “Foi el quen creou o caos na vida de moitas persoas”.

Apresentación candidatura En Marea Lugo
POLÍTICA

Villares exemplifica coa súa candidatura por Lugo o compromiso da Marea "co equilibrio territorial"

É tradición que os candidatos á presidencia da Xunta se apresenten por A Coruña. Luís Villares racha con esa práctica, un aceno político que, di, pon de relevo o compromiso da Marea "co equilibrio territorial e a solidariedade en clave de país".