documental

roi-neira4
CULTURA

Roi Casal prepara disco, xira e documental galego-cubano en homenaxe a Neira Vilas

O músico de Catoira prepara para esta primavera un ambicioso proxecto de homenaxe a Neira Vilas e ás relacións galego-cubanas, que consta dun disco, un espectáculo artístico con participación de Pablo Milanés, e un documental.

julio mayo © xurxo lobato
CULTURA

Xurxo Lobato estrea o documental "Hermanos Mayo, Guerra Civil Española”

O fotógrafo coruñés presenta hoxe un filme no que se conta a historia dos irmáns Mayo, uns fotógrafos  republicanos coruñeses que tiveron que fuxir a México onde montaron a axencia de Hermanos Mayo. 

Frankestein-04155. Fotograma
Estréase o 18 de novembro en Cineuropa

O documentario sobre o accidente de Angrois, mención especial na Seminci

A fita sobre o accidente do Alvia en Angrois vén de recibir unha mención especial na 60ª edición da Seminci de Valladolid, onde se estreou espertando un gran suceso entre o público. O documentario estrearase o 18 de novembro en Cineuropa.

Països Catalans

O Concello de Barcelona premia o documentario 'Ciutat Morta'

O consistorio, parte implicada no caso embora non no proceso xudicial, galardoa o filme. "Non podemos facer nada", din desde o goberno local.

Alvia
SOCIAL

Un documentario para coñecer "a verdade" do accidente de Angrois

A asociación de vítimas Alvia 04155 lanza unha campaña de crowdfunding para producir un filme que axude a esclarecer "todas as responsabilidades" do sinistro. VÍDEO NO INTERIOR.

capa-derrubando
ARTE URBANA CONTRA O FEÍSMO

O proxecto "Derrubando muros con pintura" convértese en documental

Hai un ano comezaba en Carballo o proxecto de arte urbana "Derrubando muros con pintura". Un documental recolle o proceso. Preséntase ás 21.00h. no Fórum.

CULTURA

Clip do documental "Derrubando muros con pintura"

Clip coa coa cabeceira do documental "Derrubando muros con pintura"

estruturas
Arte imaxe patrimonio

'Estruturas': un documentario para reflexionar sobre urbanismo, territorio e ser humano

Paco Gallego e Xosé Bocixa preparan un filme sobre "as agresións ao territorio" que marcan a paisaxe de Galiza. Unha peza audiovisual, din, para "reflexionar" sobre "a desfeita urbanística". Vídeo no interior.

cabecera-cova-eiros2
Arte imaxe patrimonio

Un documentario achéganos os restos arqueolóxicos da Cova Eirós

O único xacemento paleolítico atopado no noroeste peninsular está en Cancelo (Triacastela). Os seus segredos, a dificultade das súas excavacións e as pinturas ruprestres que agocha no seu interior centran Cova Eirós, o documental. Vídeo no interior.

Rexurdir do nacionalismo galego. Do piñeirismo ao Consello da Mocidade [DOCUMENTAL]
Galiza

Rexurdir do nacionalismo galego. Do piñeirismo ao Consello da Mocidade [DOCUMENTAL]

A Fundación Moncho Reboiras apresenta o documental "Rexudir do nacionalismo galego. Do piñeirismo ao Consello da Mocidade", que complementa o libro e a exposición decorridas froito da colaboración do departamento de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo.
Rexurdir do nacionalismo galego. Do piñeirismo ao Consello da Mocidade [DOCUMENTAL]
CULTURA

A Fundación Moncho Reboiras disponibiliza o documentario “O Rexurdir do nacionalismo galego”

Este traballo audiovisual debulla a historia do movemento nacionalista desde o golpe militar de 1936 até o primeiro intento de organización que xurdiu hai cincuenta anos. 

A volta dos nove
CULTURA

O Faiado da Memoria busca micromecenas para o documental “A volta dos nove”

A asociación “O Faiado da Memoria” de Vilagarcía recorre ao micromecenado para rematar o documental A volta dos nove co que queren recuperar a memoria oral das testemuñas que xiran arredor dun dos máis tráxicos acontecementos da represión na Galiza. 

Cora Peña
CULTURA

A directora de “Tesouro de Corcoesto” prevé un “final feliz mais provisional”

Seis meses levaba en marcha o proxecto de documental dirixido por Cora Peña. Tesouro de Corcoesto camiñaba na súa produción financiado a través de micromecenádego. Agora, coa noticia da suspensión da mina, a directora fala dun final “feliz mais provisional” da historia. 

POLÍTICA

Procesan o delegado da Xunta en Ourense por malversación de fondos e falsidade documental

Rogelio Martínez está acusado de desviar máis de 51.000 euros de fondos europeos e de certificar obras xa realizadas.

Luisa Villalta
CULTURA

Un documental moi especial para lembrar a Luísa Villalta

Voces que a coñeceron, imaxes do seu arquivo, fragmentos da súa obra e unha viaxe a través da súa biografía son os elementos cos que se constrúe o documental “Luísa Villalta. Paixón e compromiso”.  O que o fai singular é que está elaborado polo alumnado do centro no que a escritora e música deu clase antes de morrer.

Monte en mancomún
Galiza

Un documentario defende que o monte comunal é o que menos arde e o que dá máis beneficios

Un 25% do noso territorio é monte veciñal que implica a unhas 150.000 persoas recoñecidas como comuneiras. O documentario “En todas as mans” pretende visibilizar os proxectos innovadores e defender o futuro do monte en mans colectivas. O xeógrafo e produtor Alberte Román defende que os montes das comunidades son os que dan máis beneficios e menos arden. 

A verdade detrás de Siria
INTERNACIONAL

A verdade detrás de Siria

Producido polo Comité de Acción Política de Lyndon LaRouche (EUA)
Ría de Ferrol
SOCIAL

Fiscalía denuncian a dous altos cargos da Xunta polo dragado da Ría de Ferrol

A Fiscalía do TSXG acusa a estes dous altos responsábeis da Consellería de Medio Ambiente de prevaricación, falsidade documental e delito . Ocultouse un informe contrario á actuación e posteriormente 'cociñouse' outro favorábel

SOCIAL

Un documentario resgata a memoria d@s asasinad@s no 'caso metílico'

Dirixido por Emilio Ruíz Barrachina e baseado nas investigacións realizadas polo xornalista Fernando Méndez, estrearase na TVG no último trimestre deste ano e conta os milleiros de historias que agocha o maior envelenamento rexistrado no Estado español por "un afán desmedido de lucro"

Alexandre Bóveda
CULTURA

Pontevedra estrea un documentario sobre Alexandre Bóveda

O documentario biográfico arredor da figura de Alexandre Bóveda, "A Fazaña da Liberdade", dirixido por Seném, estréase en Pontevedra o día 4 de xuño.