Procesan o delegado da Xunta en Ourense por malversación de fondos e falsidade documental

Rogelio Martínez está acusado de desviar máis de 51.000 euros de fondos europeos e de certificar obras xa realizadas.

O representante de Feijóo na provincia de Ourense, Rogelio Martínez, terá que ser sentar no banco dos acusados para ser procesado por sposta malversación de fondos e falsidade documental. O xuíz sostén que Martínez, na súa etapa de alcalde de Arnoia, recibiu máis de 51.000 euros de fondos estruturais da Unión Europea para proxectos que non se realizaron. Ademais, está acusado de certificar obras que xa estaban feitas. Falsidade documental.

O BNG do Ribeiro, que foi quen iniciou proceso contra Martínez pola suposta malversación de fondos, pide a Núñez Feijóo que cese ao seu delegado en Ourense. Até o de agora, e ao longo dos anos de proceso, o presidente da Xunta mantivo o seu apoio a Rogelio Martínez.

Comentarios