Carvalho Calero
Bernardo Máiz
16/maio/20 12:06
Ricardo Carvalho Calero residíu en Ferrol apenas vinte e nove anos, de 1910 a 1926, de 1931 a 1936 e de 1941 a 1950, este último período ben espiñento. Os longos espazos de tempo lonxe da súa patria nativa debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación facciosa de 1936 e á guerra subseguinte, á estadía no cárcere como preso político e, dende 1950, á docencia en Lugo e Compostela. Despois, RCC só visitou Ferrol por cuestións familiares, conferencias, homenaxes, e para, a proposta do BNG á corporación municipal, ser nomeado Fillo Predilecto Enxebre de Ferrol o 7 de xaneiro de 1990 na que foi a última viaxe da súa vida. Previamente, en decembro do 1981 e por man da ferrolá SC Medulio, recibira a primeira homenaxe cando xubilado como catedrático. Noutras entregas seguirá indo, coas súas palabras, o seu Ferrol de 1941 en diante.