bolos

Na parte superior esquerda, unha bóla batendo nos birlos; á dereita, en primeiro termo, o foso da modalidade á cova (Soutomaior). Abaixo, á esquerda, Xosé Manuel Fernández e á dereita, unha partida en Montefurado (Quiroga)
star
DEPORTES

O rexurdir do xogo dos bolos ou birlos celtas

O xogo dos birlos ten a súa orixe nos pobos celtas, e na Galiza, xa se converteu en toda unha tradición. No lugar onde máis pulo ten é na comarca do Val Miñor, segundo a federación galega da modalidade, mais noutros lugares queren recuperar este xogo tradicional con iniciativas como a I Copa de Nadal de Bolos Celtas á Cova, que decorre estes días en Soutomaior e onde tamén participa veciñanza dos concellos limítrofes, ou o Campionato de Bolos Celtas que ten lugar no verán na parroquia de Montefurado (Quiroga).
Equipos participantes na primeira xornada en Dodro (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

Comeza a liga de bolos de Dodro con récord de equipos

O verán é época de bolos. En Dodro comezaron a súa liga e no lugar de Anguieiros, na parroquia quiroguesa de Montefurado, celebrarán os dez anos de recuperación deste xogo tradicional.