O rexurdir do xogo dos bolos ou birlos celtas

O xogo dos birlos ten a súa orixe nos pobos celtas, e na Galiza, xa se converteu en toda unha tradición. No lugar onde máis pulo ten é na comarca do Val Miñor, segundo a federación galega da modalidade, mais noutros lugares queren recuperar este xogo tradicional con iniciativas como a I Copa de Nadal de Bolos Celtas á Cova, que decorre estes días en Soutomaior e onde tamén participa veciñanza dos concellos limítrofes, ou o Campionato de Bolos Celtas que ten lugar no verán na parroquia de Montefurado (Quiroga).
Na parte superior esquerda, unha bóla batendo nos birlos; á dereita, en primeiro termo, o foso da modalidade á cova (Soutomaior). Abaixo, á esquerda, Xosé Manuel Fernández e á dereita, unha partida en Montefurado (Quiroga)
photo_camera Na parte superior esquerda, unha bóla batendo nos birlos; á dereita, en primeiro termo, o foso da modalidade á cova (Soutomaior). Abaixo, á esquerda, Xosé Manuel Fernández e á dereita, unha partida en Montefurado (Quiroga). [Fotos: Nós Diario]
Os birlos celtas son un xogo tradicional da Galiza, de orixe celta, que entra dentro da modalidade xeral de pasabolos . Nesta, ademais da precisión necesaria noutros tipos de birlos, requírese…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios