apicultura

A presenza de osos no Courel incrementouse notabelmente nos últimos anos. (Foto: Fundación Oso Pardo)
Agora

A Xunta indemnizará un apicultor por danos de oso após negarlle a axuda

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza aceptou o recurso dunha persoa que produce mel para autoconsumo e condenou á Consellaría de Medio Ambiente da Xunta a pagarlle 1.793 euros, transcendeu a segunda feira. A institución, que admitiu que os danos foron provocados por un oso pardo, denegara en primeira instancia a axuda aducindo que a persoa afectada non tiña numeradas e identificadas individualmente as súas colmeas. Así e todo, a sentenza recolle que “ningún dos servizos veterinarios que coñeceron da instalación” lle comunicou este apartado, sinalando que ao tratarse dun particular non ten por que "ter un coñecemento profundo" da normativa.
Unha avespa velutina fronte a unha colmea, na experiencia científica da UVigo en Corrubedo, Ribeira, comarca do Barbanza (Foto: Ana Diéguez-Antón).
star
ECONOMÍA

A velutina, unha ameaza crecente (e urxente) para o sector do mel: como combatela?

A Galiza e Portugal teñen por diante un panorama complicado este ano coa avespa velutina. 2023 rematou coa retirada de 29.500 niños no primeiro caso e 27.884 no segundo e, desde os sectores máis afectados, co apícola á cabeza, demandan ás Administracións máis unión e participación na loita contra este insecto.
Dúas persoas do sector da apicultura revisando unha colmea na Galiza (Foto: Asociación Galega de Apicultura).
star
ECONOMÍA

A produción de mel por colmea diminuíu na Galiza un 50% en cinco anos: o cambio climático e a velutina, chaves

A IXP da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galiza agarda unha menor produción ao remate desta campaña 2023. As altas temperaturas e chuvias fóra de tempada son algunhas das causas.
Un membro da Protección Civil de Ribeira retirando un niño de velutina. (Foto: Protección Civil Ribeira)
SOCIAL

As velutinas fanse fortes coa calor e estenden os ataques

Apicultores alertan de niños cada vez máis grandes e poboados
A mortalidade das abellas do país aumentou máis de 30% nas últimas décadas. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

A loita contra a velutina reduce en 20% os beneficios da apicultura na Galiza por venda de mel

Un estudo da USC cifra en 2,5 millóns os custos de prevención e control desta especie invasora no país

As velutinas teñen predilección polas camelias, sobre todo polas de flor con estames amarelos (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Queres acabar coas velutinas? Eis as chaves para o trampeo destas vespas

A loita contra a vespa velutina comeza poucas semanas antes da primavera. É o momento no que as raíñas empezan a saír e a construír os niños que acabarán de facer as obreiras a partir do mes de maio. Até entón, buscan alimento para esa xeración de crías e celulosa para a súa gorida. É a única e a mellor ocasión para capturalas.
Explotación apícola na parroquia de Baroña, en Porto do Son (Foto: CMVMC de Baroña).
ECONOMÍA

Máis da metade do mel que chega de fóra está adulterado

Un informe de Bruxelas confirma as denuncias dos sindicatos agrarios sobre a adulteración na mel que provén de terceiros Estados.
Sin título
TRABALLO

Unións Agrarias reclama "solucións rápidas" para "salvar o futuro" do sector apícola

A organización agraria alerta da crise que atravesa o sector apicultor.
Aínda sen coñecerse os datos do mes de decembro, en 2022 bateuse o récord de importación de mel (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O sector apícola solicita regularizar a etiquetaxe do mel importado de terceiros Estados

A importación de mel sen a etiquetaxe adecuada, a carencia de bonificación do combustíbel e a mortalidade das abellas polo cambio climático e a velutina azoutan o sector da apicultura.
Degustación de mel na edición de 2018 da Feira do Mel de Montaña en Muras. (Foto: Concello de Muras)
SOCIAL

A Feira do Mel de Montaña en Muras busca recuperar a "normalidade": Cando potenciar o rural é o obxectivo principal

O evento cultural, gastronómico e social vai xa pola súa sétima edición.
A mortalidade das abellas do país aumentou máis de 30% nas últimas décadas. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O aumento da mortalidade das abellas pode implicar diversas consecuencias

As abellas son a primeira vítima do cambio climático.
Hai xusto un mes, o 30 de xullo, deuse por extinguido o incendio que arrasou 7.000 hectáreas no parque natural do Invernadeiro.
SOCIAL

Lucía Afonso, apicultora: "Isto é o que queda de colmeas que estaban polinizando, purificando o aire, producindo mel..."

Tras deixar unha vida anterior para se converter en pastora de abellas en ecolóxico no Macizo Central, a responsábel de Sovoral Mel fai fronte ao impacto dos incendios nas súas abellarizas e ao "desleixo" da Administración cos pequenos apicultores.
As colmeas que seguen en pé nas zonas calcinadas requiren dun novo asentamento verde que dea alimento ás abellas superviventes. (Foto: AGA).
SOCIAL

Apicultores galegos lamentan a perda de miles de colmeas "improdutivas durante anos"

A serra do Courel e Valdeorras aglutinan boa parte da produción de 'mel de monte' interrompida polo impacto dos incendios forestais. Arrasaron colmeas e enxames. As alvarizas que se salvaron non dispoñen de alimento para as abellas na súa contorna.