A Xunta indemnizará un apicultor por danos de oso após negarlle a axuda

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza aceptou o recurso dunha persoa que produce mel para autoconsumo e condenou á Consellaría de Medio Ambiente da Xunta a pagarlle 1.793 euros, transcendeu a segunda feira. A institución, que admitiu que os danos foron provocados por un oso pardo, denegara en primeira instancia a axuda aducindo que a persoa afectada non tiña numeradas e identificadas individualmente as súas colmeas. Así e todo, a sentenza recolle que “ningún dos servizos veterinarios que coñeceron da instalación” lle comunicou este apartado, sinalando que ao tratarse dun particular non ten por que "ter un coñecemento profundo" da normativa.
A presenza de osos no Courel incrementouse notabelmente nos últimos anos. (Foto: Fundación Oso Pardo)
photo_camera A presenza de osos no Courel incrementouse notabelmente nos últimos anos. (Foto: Fundación Oso Pardo)
Comentarios