Agora

Fotograma de 'A moza que abortou e o contou', de Cid e Quiroga.
Agora

O Carballo Interplay xa ten todo listo para iniciar a súa undécima edición

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay prepárase para festexar a súa undécima edición entre o 4 e o 7 de abril en Carballo (Bergantiños). Como novidade, a localización das actividades e proxeccións será no Mercado da vila. Ademais, toda a programación é de balde. O festival centrado no eido audiovisual e dixital repartirá até 6.000 euros en premios, desde a Sección Oficial de Webseries até o novo premio a Mellor Creador e Canle de Contido Audiovisual en Galego, para o que están seleccionados 10 finalistas que presentarán os seus proxectos durante o festival.  O CIP, ademais, acollerá a estrea de A moza que abortou e o contou, o proxecto gañador na pasada edición ao premio a Mellor Proxecto de Serie Web, dirixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga.
Tren Avant de Renfe. (Foto: Europa Press)
Agora

Renfe suprime unha das liñas diarias entre Lugo e Madrid

Lugo perderá a partir do 8 de abril un dos poucos trens que aínda chegan á súa estación. Segundo confirmou Renfe, e con motivo da reestruturación de horarios que as obras na estación de Chamartín-Clara Campoamor obrigan a acometer na Galiza, Lugo perderá o Alvia que saía ás 10.50 horas con dirección Madrid. En sentido contrario, suma unha nova frecuencia, pois sairá desde Chamartín ás 19.15 horas un tren que chegará a Lugo ás 0:15 horas. Ficarán, polo tanto, serán tres os servizos Lugo a Madrid, e cinco de Madrid a Lugo. Estas modificacións serán temporais, segundo indica Renfe, e manteranse cando menos até xullo, mentres duren as obras na estación de Chamartín.
Dúas persoas camiñan pola beira do mar en Sanxenxo, no Salnés (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Agora

A Galiza fechou a Semana Santa cunha ocupación no sector turístico entre 60% e 85%

A Galiza fechou a Semana Santa cunhas porcentaxes de ocupación no sector turístico entre 60% e 85%, unhas cifras inferiores ás esperadas, segundo o Clúster de Turismo, en boa medida debido ás malas condicións meteorolóxicas que reduciron as reservas de última hora, sinalaron desde esta institución. O perfil das turistas que visitaron a Galiza foi maioritariamente de orixe estatal e de proximidade, engadiron.
O ministro español de Agricultura, Luis Planas, esta terza feira no Senado (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
Agora

O Executivo español espera pola resposta do agro ás súas medidas

O ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, reiterou esta terza feira que, en liña co "compromiso" coas explotacións agrícolas e gandeiras, presentou unha proposta "completa e traballada de medidas que dan resposta ás súas preocupacións". Así o fixo en resposta a unha pregunta parlamentaria no pleno do Senado sobre o documento que o Goberno estatal presentou antonte con 43 medidas, entre elas créditos ICO por valor de 700 millóns de euros, o reforzo da AICA (Axencia de información e control alimentarios) para mellorar o cumprimento da Lei de cadea alimentaria ou bonificacións fiscais. Con esta iniciativa, o Goberno estatal pretende dar resposta ás demandas de agricultoras e gandeiras co obxectivo de alcanzar un acordo e pór fin ás mobilizacións do campo. O Executivo español atópase agora á espera dunha resposta por parte das principais organizacións profesionais agrarias do Estado español a este documento. Neste sentido, o ministro apelou a que as forzas políticas dean liberdade a estes colectivos "para xulgar, sen presións de ninguén, o que deben decidir".
Luís Montenegro e António Costa a semana pasada en Lisboa. (Foto: Gerardo Santos / Global Imagen / Europa Press / Contacto)
Agora

O conservador Luís Montenegro (PSD) xa é o primeiro ministro de Portugal

Luís Montenegro, do conservador Partido Social Democrata (PSD), tomou posesión na tarde desta terza feira como primeiro ministro de Portugal en substitución de António Costa (Partido Socialista) tras ser designado polo presidente Marcelo Rebelo de Sousa (PSD) logo dos comicios do mes pasado. Para que o seu Goberno asuma todas as funcións previstas na Carta Magna o seu programa ten que ser avalado na Assembleia na sesión do 11 e 12 de abril.
velella hidrozoo medusa
Agora

Milleiros de medusas ‘veleiriños’ chegan ás praias de Muros e Carnota

Miles de medusas 'veleiriño' (velella velella) chegaron durante as últimas horas a praias da comarcas de Muros.  En concreto, puidéronse ver nos areais de Lariño ou de Area Maior e tamén noutros como a praia do Rostro. A borrasca Nelson, que deixou fortes choivas e intensas choivas durante os últimos días na Galiza puido ser a causa de que as correntes arrastrasen a estes exemplares ata terra. Os 'veleiriños' son hidrozoos. É unha especie peláxica de superficie que frecuentemente forma grandes enxames. Más frecuente durante o inverno e a primavera. No outono e inverno a especie pervive en forma de medusa. Non é perigosa mais recoméndase non tocala. 

Integrantes do grupo durante o Festival Internacional Rebulir. (Foto: Europa Press)
Agora

A Asociación Cultural Rebulir representará Galiza no Festival Intercéltico de Lorient

A Asociación Cultural Rebulir de Ramirás (Terra de Celanova)foi o grupo seleccionado para representar Galiza no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña) 2024, unha noticia que a entidade asume "con moita responsabilidade e emoción". A delegación galega estará conformada por 45 artistas de Rebulir, entre os que se inclúen músicas e músicos, pandeireteiras e pandeireteiros, bailadoras e bailadores, así como unha representación do Entroido con Peliqueiros, Cigarróns e Bonitas de Sande. Segundo recolle a páxina web do festival, Rebulir combinará coreografías galegas, cancións tradicionais e música do xénero das charangas. O grupo poderá actuar cada noite ante 15.000 persoas e participar no gran desfile das nacións celtas con perto de 100.000 espectadoras.
O deporte da boccia practícase en cadeira de rodas. (Foto: CPE).
Agora

O deporte adaptado da Bocia toma Narón

O pavillón da Mocidade, na Gándara (Narón), acollerá os vindeiros 6 e 7 de abril a Liga Galega de Boccia, un deporte practicado por persoas en cadeira de rodas con parálise cerebral, lesións cerebrais ou unha discapacidade física severa no que deben colocarse nun dos extremos da pista, desde onde lanzan as bolas. Baixo a organización do Concello naronés e a Asociación Cultural ASCM, coa colaboración da Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA), a acción comezará o sábado 6 ás 9.30 coas categorías BC3 e BC5, que disputarán un total de 18 partidos. Xa para o domingo, desde as 10 e até as 13, fican os 10 encontros restantes desta primeira edición da Liga Galega de Boccia.
 
Unha moza agarda no aeroporto de Vigo (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
Agora

Facua critica o Ministerio por fechar expedientes de sanción contra varias aeroliñas

Facua lamentou esta segunda feira que o Ministerio español de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2023 fechase o expediente de sanción aberto o pasado verán a varias aeroliñas que non facilitaban teléfonos gratuítos para atender as persoas usuarias, que quedaron así sen sanción. Neste sentido, o propio Ministerio informou de que chegou a acordos con varias destas aeroliñas e que estas, sinalou, comprometéronse a facilitar este servizo.
O deputado do PSdeG no Parlamento galego Carlos López Font. (Foto: Nós Diario)
Agora

O PSdeG acusa o Goberno galego de aprobar unha lei do litoral "inconstitucional"

O deputado do PSdeG no Parlamento galego Carlos López Font acusou a Xunta da Galiza de provocar unha confrontación "populista e irresponsábel" aprobando unha lei do litoral "deliberadamente inconstitucional", motivo polo que foi recorrida polo Executivo estatal ante o Tribunal Constitucional en outubro de 2023. López replicou as críticas do PP da pasada fin de semana reivindicando "unha xestión responsábel e equilibrada" dos recursos mentres o Goberno galego escolle "provocar unha inseguridade xurídica que acaba pagando a cidadanía galega". O deputado socialista defendeu a preservación do litoral e a compatibilidade sostíbel dos usos en beneficio da sociedade "mentres o Goberno galego continúa ancorado a mediados do século XX". 
O ministro español de Memoria Democrática, A. V. Torres, hoxe. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Agora

O Goberno español levará ao Constitucional as normas contra a memoria histórica de PP e Vox

Ángel Víctor Torres, ministro de Política Territorial e Memoria Democrática do Estado español, confirmou hoxe que encargou un informe xurídico para impugnar no Tribunal Constitucional as medidas contra a memoria histórica que o Partido Popular (PP) e a ultraespañolista Vox están a lanzar en territorios nos que Gobernan conxuntamente, como o País Valencià, Castela e León ou Aragón, onde a lei autonómica ao respecto foi derrogada. 
Jessica Bouzas (Foto: FGT).
Agora

Jessica Bouzas imponse no Torneo WTA 125 de Antalya

Novo éxito da tenista galega máis destacada do momento, Jessica Bouzas. A de Vilagarcía de Arousa vén de inscribir o seu nome no palmarés do prestixioso torneo WTA 125 de Antalya (Turquía), unha proba dotada con máis de 115.000 dólares en premios. Alí, Bouzas superou Panna Upvardy (Hungría) por 2-6, 6-3 e 6-3  na primeira rolda, facendo o propio coa valenciana Leyre Romero (6-1, 7-5) nos oitavos e a rusa Polina Kudermetova (2-6, 7-5, 6-3) nos cuartos de final. Xa nas semifinais, a suíza Simona Waltert non foi obstáculo para a de Vilagarcía (6-2, 6-3), ofrecendo máis resistencia á actual número 127 do mundo a romanesa Irina Camelia Begu na finalísima (6-2, 4-6 e 6-2).
O BNG alerta nas concentracións das consecuencias dos recortes. (Foto: Nós Diario)
Agora

As protestas contra os recortes da sanidade na comarca da Fonsagrada fan 27 semanas

O BNG da Fonsagrada leva 27 semanas con concentracións para reclamar unha sanidade digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. María Fernández, responsábel local da formación nacionalista, explica que con estas mobilizacións queren deixar claro que "coa nosa saúde non se xoga”. Critica os recortes en Atención Primaria e as súas consecuencias nunha comarca coa poboación avellentada e dispersa.
Luís Montenegro e Marcelo Rebelo de Sousa o 21 de marzo. (Foto: Presidência da República de Portugal)
Agora

Montenegro desvela o novo Goberno luso, con membros de PSD, CDS-PP e independentes

O primeiro ministro designado de Portugal, o conservador Luís Montenegro (Partido Social Democrata, PSD), presentou a quinta feira ao presidente Marcelo Rebelo de Sousa a relación de integrantes do seu Goberno, que inclúe independentes e membros do CDS-PP. O debate sobre o seu programa na Assembleia da República será o 11 e 12 de abril. Para que o Executivo asuma plenas funcións o lexislativo ten que avalar a proposta.

Lugoslavo é un xentilicio humorístico que utilizan na Mariña para se referiren aos veraneantes de Lugo. Na imaxe, a praia das Catedrais de Ribadeo. (Foto: Alessandro Calzolaro)
Agora

Fechan a praia de Augas Santas polo forte temporal

O Concello de Ribadeo (A Mariña) decidiu fechar a praia de Augas Santas (coñecida como das Catedrais) esta quinta feira para evitar o risco de desprendementos ante o forte temporal de vento e mar que azouta Galiza.

Segundo explicou o propio alcalde, Daniel Veiga, a decisión de fechar o areal ás visitas é unha medida de "precaución" ante o "forte" temporal que se está deixando sentir na costa do municipio. "Este temporal é forte e preferimos previr co fin de evitar posíbeis incidencias ou accidentes. Pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar ás persoas que nos visiten hoxe, pero no Concello velamos pola súa seguridade e neste momento non se dan as mellores condicións para visitar as Catedrais", afirmou.

 

O conxunto ferrolán regresa tras caer nos cuartos da Copa. (Foto: Baxi Ferrol).
Agora

Acción na liga de baloncesto para Celta de Vigo e Baxi Ferrol

Dous dos representantes da Galiza na máxima categoría do baloncesto feminino estatal, Celta Zorka Recalvi e Baxi Ferrol, entrarán en acción no día de hoxe, unha vez deixada atrás a parada imposta pola disputa dunha Copa da Raíña na que o Valencia da estrela galega Raquel Carrera superou con contundencia Casademont Zaragoza -verdugo do Baxi nos cuartos de final (75-49)- por 77 puntos a 53. Precisamente será a escuadra ferrolá a primeira en entrar en acción, ás 18 horas no Pavillón Municipal da Malata. Enfronte terá IDK Euskotren, un rival directo na zona media da clasificación, pois a formación vasca é oitava con 13 triunfos, mentres que a galega é décima cun menos. Pola súa parte, o conxunto celeste, antepenúltimo con oito vitorias, colide ás 20 co quinto, o Girona. 
A proba regresa á Cidade das Burgas. (Foto: Marusía - Club In Mare).
Agora

O mellor da rítmica internacional, en Ourense

O Pazo dos Deportes Paco Paz da Cidade das Burgas tornará, unha vez máis, na capital galega da ximnasia rítmica grazas á duodécima edición do torneo 'Ourense, a provincia termal', que comeza hoxe e que se estenderá até o domingo, 31 de marzo. Nesta ocasión daranse cita máis de 1.400 ximnastas procedentes de países como Ucraína, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Romanía, Italia e Armenia, así como de practicamente todos os currunchos do Estado español. Segundo explicou a organización, neste 2024 o certame consolida o "importante incremento" no número de participantes, pasando así das 165 ximnastas da primeira edición de 2011 ás 1.300 do pasado ano 2023.

Dúas persoas atendendo nunha tenda de xoguetes (Foto: Álex Zea / Europa Press).

#comercio #tenda
Agora

As vendas do comercio polo miúdo soben 2,8% na Galiza, dous puntos menos que no Estado

O comercio retallista galego incrementou 2,8% as súas vendas o pasado febreiro en comparación co mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados esta cuarta feira polo INE. Esta cifra, con todo, supón dous puntos porcentuais menos que a media estatal (+4,8%), sumando así 15 meses á alza. No que vai de exercicio, na Galiza este tipo de estabelecementos incrementou as súas vendas 2,4% de media, e un 3,4% a nivel estatal. En cando á ocupación, na Galiza baixou 0,1% en febreiro e esa mesma porcentaxe no que vai de ano, mentres que o comercio polo miúdo español incrementou a súa ocupación 2,1% en febreiro e un 2% no acumulado de 2024.
Valado na fronteira entre México e os Estados Unidos. (Foto: David Peinado / ZUMA Press Wire / dp / DPA)
Agora

O ano 2023 bateu o récord de mortes de persoas migrantes rexistradas pola ONU

O pasado ano morreron máis de 8.500 persoas migrantes en todo o mundo, converténdoo no ano máis mortífero nas rutas migratorias desde que a Organización Internacional para as Migracións, unha entidade da Organización das Nacións Unidas, ten rexistros, afirmou a terza feira. Un terzo destas persoas procedía de países en conflito. O organismo advertiu que non están a apreciar signos de mellora no que levamos de 2024.

Arroxo e Ferreiro xunto con representantes do Colectivo Glovo.
Agora

Oito artistas desenvolverán as súas creacións nas Residencias Atopémonos Bailando de Lugo

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo e a edil de Cultura, Maite Ferreiro, xunto con integrantes do Colectivo Glovo, presentaron onte os oito proxectos que chegarán a Lugo para participar nas residencias artísticas Atopémonos Bailando. As seleccionadas son Catarina Gameiro e Mariana Frazão (Portugal), Miguel Gendre (Galiza), Nashira Santanatalia e Gustavo Giménez (Aragón), Alba Fernández Cotelo (Galiza), Marina Melero (Madrid), Elvi Balboa (Galiza), artista seleccionada para o intercambio coa Quinzena da Dança de Almada, Portugal; Julia Laport (Galiza), artista que tamén seleccionada para intercambio, no seu caso con Costa Rica, e Mariana Collado e Lucio A Baglivo (Almería/Madrid), que foron seleccionados para o intercambio co Teatro Experimental Flaviense de Chaves, Portugal.