As vendas do comercio polo miúdo soben 2,8% na Galiza, dous puntos menos que no Estado

O comercio retallista galego incrementou 2,8% as súas vendas o pasado febreiro en comparación co mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados esta cuarta feira polo INE. Esta cifra, con todo, supón dous puntos porcentuais menos que a media estatal (+4,8%), sumando así 15 meses á alza. No que vai de exercicio, na Galiza este tipo de estabelecementos incrementou as súas vendas 2,4% de media, e un 3,4% a nivel estatal. En cando á ocupación, na Galiza baixou 0,1% en febreiro e esa mesma porcentaxe no que vai de ano, mentres que o comercio polo miúdo español incrementou a súa ocupación 2,1% en febreiro e un 2% no acumulado de 2024.
Dúas persoas atendendo nunha tenda de xoguetes. (Foto: Álex Zea / Europa Press)

#comercio #tenda
photo_camera Dúas persoas atendendo nunha tenda de xoguetes. (Foto: Álex Zea / Europa Press)
Comentarios