O PSdeG acusa o Goberno galego de aprobar unha lei do litoral "inconstitucional"

O deputado do PSdeG no Parlamento galego Carlos López Font acusou a Xunta da Galiza de provocar unha confrontación "populista e irresponsábel" aprobando unha lei do litoral "deliberadamente inconstitucional", motivo polo que foi recorrida polo Executivo estatal ante o Tribunal Constitucional en outubro de 2023. López replicou as críticas do PP da pasada fin de semana reivindicando "unha xestión responsábel e equilibrada" dos recursos mentres o Goberno galego escolle "provocar unha inseguridade xurídica que acaba pagando a cidadanía galega". O deputado socialista defendeu a preservación do litoral e a compatibilidade sostíbel dos usos en beneficio da sociedade "mentres o Goberno galego continúa ancorado a mediados do século XX". 
O deputado do PSdeG no Parlamento galego Carlos López Font. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O deputado do PSdeG no Parlamento galego Carlos López Font. (Foto: Nós Diario)
Comentarios