Deixa de imprimirse o diario máis antigo do mundo
O ‘Wiener Zietung’ existía desde 1703
O ‘Wiener Zietung’ existía desde 1703
Após realizar a Xunta Xeral de Accionistas, Sermos Galiza S.A. presentou publicamente o cabeceiro de Nós Diario, o xornal en papel, con edición dixital os 365 días do ano, que verá a luz a finais de 2019.
Sermos Galiza S.A. organiza após a súa Xunta Xeral de Accionistas un acto para persoas subscritoras, accionistas e colaboradoras en que revelará o nome e o deseño da cabeceira do diario en galego.
Fanse sete anos da saída de Sermos dixital. Neste tempo, rexistramos máis de 38 millóns de visitas a páxinas e máis de 3,8 millóns de usuarias e usuarios únicos e convertémonos no diario nativo dixital galego líder das redes sociais.
O presidente e conselleiro delegado do Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A., Xoán Costa, responde ás cuestións que lle formulamos ao redor do diario en galego, unha vez logradas as 3.000 subscricións que permitirán publicar o xornal en 2019.
Un diario en papel en galego verá a luz a finais de 2019. O que naceu como un proxecto hai apenas un ano farase realidade ao lograrmos chegar ás 3.000 presubscricións, o obxectivo mínimo marcado para garantir a estabilidade financeira que permita afrontar os custos de edición do diario en papel e na internet. Unha cantidade que aspiramos a aumentar ao mantermos aberto o formulario de subscrición.
Non hai moitos anos, coincidindo co día de San Silvestre, nas aldeas do Courel preparábanse para a visita do Apalpador. Viña sempre tras a celebración familiar da Noite Vella. As nenas e os nenos marchaban axiña para a cama e cando aínda non lles dera tempo a prender no sono, baixaba o carboeiro da devesa para apalparlles a barriga, deixarlles unha presa de castañas e desexarlles un ano novo cheo de fartura. Desde antigo, o rito facíase cadrar co solsticio de inverno. Hoxe perdura como expresión cultural propia. O Apalpador de Leandro Lamas que ilustra esta reportaxe no semanario salta ao vídeo! VÍDEO NO INTERIOR.
3, 2, 1… comeza a conta atrás para acadarmos as últimas presubscricións que permitan facer realidade un diario en papel en galego e con este obxectivo iniciamos esta cuarta feira unha intensa campaña nas redes sociais. E é que a presubscrición á única opción diaria que haberá nos quiosques en galego é a mellor opción para agasallar neste Nadal azul!
Continuamos coas últimas presentacións do proxecto para o lanzamento de Sermos O Diario Galego. Esta semana recalamos en Sarria, Pontevedra e Boiro.
Ordes e Fene son os concellos que visitaremos esta semana para presentarmos o proxecto de Sermos O Diario Galego, o xornal en papel que preparamos para 2019. Contamos coa túa asistencia para tomarmos nota das suxestións e propostas que nos realices e para che resolver todas as túas dúbidas.
Compostela; Narón; Moaña; Ferrol; Lugo; Redondela e Chantada son os próximos lugares que acollerán as presentacións de Sermos O Diario Galego esta semana.
Sermos Galiza celebra o aniversario do nacemento de Manuel Antonio coa edición de De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo en formato epub.
Traballadores e traballadoras do servizo marcharon en Compostela contra os recortes de persoal -malia ser a única empresa pública con beneficios- que poñen en perigo o servizo, con especial incidencia no rural.
Esta terza feira (6 de xaneiro) o diario dixital Sermos Galiza non se actualizará.
O Diario Cultural da Radio Galega, dirixido pola xornalista e escritora Ana Romaní gaña o Premio do Público do Culturgal, impóndose ás candidaturas de Viñetas desde o Atlántico e Cineuropa.