APDR

marcha celulosas foto de Galiza Nova
SOCIAL

“Debaixo da fábrica están as praias”: 16 de xuño, marcha en Pontevedra contra as celulosas

A Plataforma pola Defensa da Ría convoca a súa movilización anual contra o complexo Ence-Elnosa.

anton masa
Antón Masa

“A loita contra Ence-Elnosa é unha loita moi dura pois eles xogan coas cartas marcadas”

O Teatro Principal acolle este sábado os actos polo 30 aniversario da Asociación pola Defensa da Ría. Falamos con Antón Masa, un dos fundadores e presidente da APDR. “Conseguimos cambiar a conciencia da xente sobre o medio ambiente”, afirma.

Pontevedra APDR Elnosa GZContrainfo
SOCIAL

”Se é tan boa, que a leven para a Moncloa”. Concentración contra a prórroga a Elnosa

Máis dun cento de persoas protestaron pola decisión da Xunta fronte á sede provincial do PP en Pontevedra.

anton masa
ANTóN MASA, ANTE A MOBILIZACIóN DO SáBADO EN PONTEVEDRA

“O problema de Ence desborda o local, afecta a toda Galiza”

Este sábado 4 de xuño terá lugar unha mobilización nacional contra a pasteira. Como novidade, ao tradicional lema pola retirada da celulosa engádense 2 novas reivindicacións: o saneamento integral da Ría e contra a eucaliptización. Como segunda novidade, non a convocaa Asociación para a Defensa da Ría (APDR)a mais a plataforma 'Ence Fóra' e a Federación ecoloxista galega.

folla eucalipto
SOCIAL

Máis de 20 colectivos únense na campaña 'Stop eucalipto, avante carballo'

Propoñen cinco medidas concretas para limitar as consecuencias do eucalipto e prevervar os bosques autóctonos. “As plantacións de eucaliptos en Galiza supoñen máis da metade das existentes no Estado”.

Ence
Por ser "contraria a razón e dereito"

A APDR recorre pola vía xudicial a decisión de Costas de manter Ence en Lourizán

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra vén de anunciar que recorrerá pola vía xudicial a decisión da Dirección Xeral de Costas de manter a vixencia da concesión de Ence en Lourizán.

DEFENSA DA RÍA

APDR di que Ence usa un herbicida de Monsanto que a OMS sinala como ‘’probábel canceríxeno’’

Pide á pasteira que deixe de usar o ´glisofato' e solicita ao Ministerio de Agricultura que o prohíba o produto após o acordo de expertos de 11 países de consideralo "carcinóxeno". 

Galiza

A APDR denuncia que o PP quere manter Elnosa na Ría de Pontevedra

A través dun comunicado feito público na Semana Galega de Filosofía, a Asociación pola Defensa da Ría denuncia que o PP opta pola permanencia de ENCE na ría de Pontevedra máis alá do 2018. 

A APDR síntese reforzada polas denuncias públicas de ENCE

Resulta certamente patética a denuncia pública realizada pola empresa ENCE pola suposta presenza irregular das pancartas anti-ENCE penduradas pola nosa Asociación; patética polo pueril da protesta, que deixa ver o dano que lle fai á ilegal empresa pasteira a nosa posición firme na defensa do dereito da cidadanía a ver a Ría libre de empresas contaminantes e libre tamén de freos a un modelo de desenvolvemento económico quen de crear postos de traballo de calidade e que nos anima a seguir nesta liña. Dóelles, por exemplo, ver a presenza da nosa propaganda –e a boa acollida entre a cidadanía- nunha etapa da volta ciclista na que, por certo, o patrocinio de ENCE pasou absolutamente desapercibido

Ence
Galiza

A Asociación pola Defensa da Ría denuncia un posíbel escape de Ence-Elnosa

Todo indica que o pasado domingo, a fábrica de Celulosas da ría de Pontevedra sufriu un escape mais a empresa non confirmou nin avisou ao goberno municipal do acontecido. A Asociación pola defensa da Ría recibiu varias chamadas de alerta e denuncia o perigo do complexo Ence-Elnosa e da Xunta que esixa responsabilidades á emprea. 

SOCIAL

A APDR exixe perante a Defensora del Pueblo que se anule unha posíbel prórroga a ENCE

A Asociación pola defensa da ría de Pontevedra insta ao organismo a presentar un recurso de inconstitucionalidade á nova Lei de Costas que autoriza ao goberno español a prorrogar a concesión á pasteira até 75 anos máis

 

GZ VIDEOS
SOCIAL

APDR advirte que acudirá á vía xudicial para impedir que Ence fique en Lourizán

Tres mil persoas manifestáronse perante a factoría de Ence e exixiron a saída da pasteira de Lourizán na Marcha contra celulosas organizada pola APDR. Falamos co presidente da Asociación pola defensa da Ría de Pontevedra, Antón Masa. Imaxe e vídeo no interior: GZ Vídeos