Por ser "contraria a razón e dereito"

A APDR recorre pola vía xudicial a decisión de Costas de manter Ence en Lourizán

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra vén de anunciar que recorrerá pola vía xudicial a decisión da Dirección Xeral de Costas de manter a vixencia da concesión de Ence en Lourizán.

Ence
photo_camera Ence

A decisión adoptada pola Dirección Xeral de Costas de manter a vixencia da concesión das instalación de Ence en Lourizán será recorrida vía xudicial pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra.

O presidente da asociación, Antón Masa, sinala que a decisión da Dirección Xeral, que permitirá que a empresa se acolla á nova Lei de Costas para solicitar unha prórroga ao mantemento da fábrica máis alá de 2018, é “contraria a razón e dereito, lesiona os intereses da cidadanía e actúa en beneficio exclusivo do interese privado”.

A APDR xa presentara alegacións cando o Ministerio de Medio Ambiente incluíu as posíbeis afeccións ao medio ambiente como causas de caducidade da concesión. Neste sentido, Antón Masa criticou que a resolución “falsea a verdade” dada a documentación achegada pola APDR sobre os niveis de Demanda Biolóxica de Osíxeno. E é que, segundo defende Masa, “ao longo de toda a súa historia e ao menos até finais de 2014 Ence superou os límites fixados na concesión, o que debería implicar a caducidade”.

Comentarios