2016

donostia2016
CULTURA

Cultura e a lingua galega viaxan en contedores mariños nun proxecto internacional

A cultura e a lingua galegas participan da man da Deputación da Coruña e a Mesa pola Normalización no programa Donostia 2016, Capital Europea da Cultura, cun proxecto arredor da diversidade lingüística. As realidades de Gales, Escocia, Irlanda, Frisia, Cornualles e o País Vasco son, canda Galiza, protagonistas da iniciativa. 

[Imaxe: RFEP] K4
Rodrigo Germade e Óscar Carrera

Novos billetes a Río 2016 para piragüistas galegos

O equipo de K4 do que forman parte os galegos Rodrigo Gemade e Óscar Carrera vén de facerse co pasaporte para os Xogos Olímpicos de Río 2016 despois de ficar na sexta praza do Mundial.

teresa portela
SON OS SEUS QUINTOS XOGOS OLíMPICOS

Teresa Portela faise co pasaporte para os Xogos de Río 2016

A piragüista galega Teresa Portela asegurou hoxe a súa participación nos Xogos Olímpicos de Río. Os do ano que vén serán os quintos Xogos para a deportista de Cangas.

2016.Ano de Conmemoracións

Non sei se o 2016 será un ano de “nieves”, o que si resulta evidente é que vai ser, desde o punto de vista literario, un excelente ano de “bienes”.

reunion
II CONVIVIO DA CULTURA GALEGA

Obxectivo de 2016: vincular o centenario das Irmandades co ano de Manuel María

As asociacións culturais de base acordaron os tres principais fíos cos que tecerán as actividades de 2016: vincular o centenario das Irmandades da Fala coa designación de Manuel María como homenaxeado do Día das Letras Galegas; estabelecer relacións entre as vilas do país e as Irmandades da Fala e Manuel María e editar unha publicación co corpo central do manifesto das Irmandades.

CULTURA

Castelao, autor homenaxeado no Día das Artes Galegas 2016

A Real Academia Galega de Belas Artes elixiuno por diante de Laxeiro e Carlos Maside. 

Real Academia Galega
CULTURA

O xiro da Academia: Manuel María, Xela Arias ou Carvalho Calero, para as Letras 2016

A Real Academia Galega dá un xiro cos tres nomes das candidaturas das que, o vindeiro 4 de xullo, sairá a que se lle dedicará o Día das Letras Galegas. Se o pasado ano, a elección de Filgueira Valverde verqueu duras críticas sobre a institución, desta volta, teñen, pase o que pase, as palmas aseguradas. 

Rutura 2016

Surpreende contemplar nestes dias como distintas organizaçons e polític@s sem curriculum nem vocaçom ruturista passadas se apontárom a um discurso que anuncia que hoje na Galiza poderiamos tocar a rutura democrática com a ponta dos dedos.

MUNICIPAIS2015

Feijóo: “Falar de 2016 sen coñecer os resultados do 24M é ciencia ficción”

O presidente da Xunta evitou responder sobre o seu futuro nunha entrevista para a Radio Galega. Núñez Feijóo arremeteu contra a oposición e as forzas emerxentes.

CULTURA

A campaña de apoio á proposta de 2016 como Ano das Irmandades da Fala xa está en marcha

A través dunha plataforma na rede estanse xa a recoller apoios co fin de instar á Xunta a declarar o 2016 como Ano das Irmandades da Fala. 

Membros das Irmandades nunha excursión
CULTURA

Lanzan unha campaña para que 2016 conmemore o centenario das Irmandades da Fala

O comité promotor ‘Ora Galega’ impulsa unha recollida de apoios na rede e unha proposición non de lei no Parlamento galego, que foi existrada polo BNG e o Grupo Mixto.

feijoo
POLÍTICA

Feijóo evita aclarar se vai ser candidato á Xunta en 2016

Considera, nunha entrevista en La Voz, que pronunciarse agora sobre ese tema sería “un acto de soberbia”. O presidente fala de Bárcenas, mais nin unha palabra de Marcial Dorado ou Pachi Lucas.

Escocia
INTERNACIONAL

Escocia podería declarar a independencia o 24 de marzo de 2016

O 18 de setembro de 2014 as e os escoceses decidirán en referendo se queren ser ou non un estado independente. De votar si, a independencia proclamaríase o 24 de marzo de 2016, segundo anunciou o goberno escocés. Xusto 309 anos despois da 'Act of Union', o acordo para o que traballara de espía pro-inglés o autor de Robison Crusoe, Daniel Defoe

Artur Mas
Països Catalans

Catalunya irá ás plebiscitarias no 2016 se Rajoy veta o referendo do 2014

“Se o goberno español emprega a legalidade coma un freo (para impedir a consulta pola independencia), faremos unhas eleccións que servan de consulta e onde os partidos digan si ou non”, afirma Artur Mas