sábado 27/11/21

Lanzan unha campaña para que 2016 conmemore o centenario das Irmandades da Fala

O comité promotor ‘Ora Galega’ impulsa unha recollida de apoios na rede e unha proposición non de lei no Parlamento galego, que foi existrada polo BNG e o Grupo Mixto.

Membros das Irmandades nunha excursión
Membros das Irmandades nunha excursión


2016, ano das Irmandades da Fala. Ese é o obxectivo do comité promotor ‘Ora Galega’, que vén de lanzar unha campaña para que o vindeiro ano se conmemore o o centenario dunha organización que “supuxo unha nova forma de concibir o país” co “desenvolvemento da consciencia da Galiza, da defensa da súa lingua, cultura e identidade”. 

Dentro de 10 meses haberá 100 anos que Antón Villar Ponte iniciaba o proxecto de creación da Liga de Amigos do Idioma Galego. E o 18 de maio de 2016, celebrarase o centenario daquela reunión da primeira Irmandade nos salóns da Academia Galega. Dous momentos decisivos no desenvolvemento do que chegaría a ser un dos fitos fundamentais da nosa historia contemporánea”, apuntan dende o comité promotor. 

Piden á Xunta que estabeleza una programa para dar a coñecer “a encomiábel labor desta organización, animada polo propósito de traballar por unha Galiza máis culta, libre, xusta e comprometida consigo mesma”. 

Unha campaña para recoller sinaturas en Avaaz e unha proposición non de lei, que foi rexistrada no Parlamento galego polo BNG e o Grupo Mixto, son os primeiros pasos para acadar o recoñecemento 

“Considerando o carácter abranxedor e democrático que caracterizou as Irmandades e que figuras chave da cultura galega, a quen se dedicou en diferentes anos o Día das Letras Galegas, foron impulsoras do movemento, instamos á Xunta de Galicia a que declare oficialmente 2016 como ano das Irmandades da Fala”, apuntan.

A proposición pide así que se estabeleza un programa de actividades e aprobo os fondos necesarios para divulgar en toda a sociedade galega “a encomiábel labor desta organización, animada polo propósito de traballar por unha Galiza máis culta, libre, xusta e comprometida consigo mesma”. 

 

Lanzan unha campaña para que 2016 conmemore o centenario das Irmandades da Fala
comentarios