Imprimir

Xosé Lois Leirós preside a nova directiva de Marusía

Redacción | 23 de setembro de 2019

Márcanse como obxectivo profundar na implicación deste colectivo na loita pola defensa dos seus dereitos.

Xosé Lois Leirós como presidente e Germán Torres como vicepresidente lideran a nova directiva de Marusía, a asociación galega de emigrantes retornados e retornadas que naceu en 2001 e que tivo principal referente Manuel Domínguez, falecido en xuño pasado.

Nunha carta dirixida ás persoas asociadas, a nova directiva incide na importancia de loitas desenvolvidas por este colectivo, como a defensa dos dereitos das invalideces das persoas retornadas ou a defensa das pensións contra o espolio da facenda española a pensionistas e persoas xubiladas.

A implicación das persoas socias e das que integran este colectivo nas actividades e decisións de Marusía é outro dos obxectivos marcados pola nova directiva. Afirman que, “desde a súa fundación, fomos unha ferramenta modesta si, pero moi útil e necesaria para a defensa dos intereses do noso colectivo, por iso mesmo debemos tratar de preservala”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/xose-lois-leiros-preside-nova-directiva-marusia/20190923102919084301.html


© 2020 Nós Diario