Entre o 20 e o 22 de outubro terá lugar a Womex Film Nights, que acollerá nove longas documentais sobre música no Museo das Peregrinacións (Compostela). Francia, Indonesia, Tailandia, Os Estados Unidos ou o Senegal son algún dos países que protagonizan as fitas, que afondan en investigacións sobre a historia da música, celebracións mundiais, o compromiso dos músicos en África...
Por vez primeira, o festival cinematográfico ficará aberto a todos os públicos (a un prezo de 3 euros), amais das proxeccións destinadas a profesionais. Así, o ciclo pretende satisfacer as persoas profesionais e as espectadoras interesadas na música e no cinema. Os pases de cada unha das longametraxes contará cos seus directores e as persoas asistentes poderán dialogar con eles despois das proxeccións.