Gran debut de Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) na primeira Serie Mundial de Paratríatlon de 2018, na que ademais competía acompañada de nova nova guía (Paula García Godino). A galega logrou en Yokohama a medalla de ouro na súa categoría (PTVI) para deportistas con discapacidade visual, segundo informan desde a Federación Galega Tríatlon e Péntatlon Moderno.
A italiana Anna Barbaro (B1) saíu en cabeza da auga grazas a compensación que ten por ser B1 (3:42). Aínda así, a viguesa xa logrou recuperar dous dos minutos que tiña de vantaxe. Mentres, a norteamericana Elizabeth Baker, que a priori era a rival máis forte, estaba a só 15 segundos. Mais o tándem Susana-Paula funcionou á perfección tanto nas transicións coma na bicicleta e o segmento da carreira a pé.
A medalla de ouro foi para Susana Rodríguez cun tempo de 01:08:15, na segunda posición chegou Elizabeth Baker (01:11:05) e o bronce foi para Anna Barbaro (01:15:42).