Os resultados das probas PCR ás que foron sometidos os xogadores do Celta o pasado sábado detectaron dous casos positivos no equipo vigués. O diario deportivo AS informa de que os xcogadores son Brais Méndez e Santi Mina. Ambos os dous están illados nas súas casas.
Os dous son casos asintomáticos e atópanse en bo estado. Estaban citados para comezar a pretempada co Celta mais causarán baixa despois de dar positivo por Covid-19.
Con todo, están pendentes dunha segunda proba PCR para confirmar os casos positivos.