O rexedor falanxista de Ribeira continuará cunha rúa na vila

Cos votos en contra de PP, IPR e unha edil non adscrita foi rexeitada a moción que demandaba a retirada da rúa a Miguel Rodríguez Bautista.

En sesión plenaria a corporación municipal de Ribeira debateu e votou a moción presentada de maneira conxunta polos grupos do BNG, PSOE e Ciudadanos e coa que se trasladaba á equipa de goberno a demanda da Asociación para a recuperación da memoria histórica da localidade na que instan a retirar o nome da rúa Miguel Rodríguez Bautista, alcalde falanxista de Ribeira. 

Herminia Pouso (PP): "O único delito deste señor foi vivir na época que lle tocou vivir"

Porén, os votos en contra do PP, Independentes por Ribeira e unha edil non adscrita impediron que se dese cumprimento á Lei de Memoria Histórica. Estas forzas políticas defenderon a figura do ex-rexedor falanxista e mesmo defenderon que "o único delito deste señor foi vivir na época que lle tocou vivir", dixo Herminia Pouso, voceira do PP e deputada no Parlamento de Galiza, embora ter sido destacado dirixente político da ditadura na localidade ocupando distintos cargos públicos. 

O debate pode visualizarse integramente na rede através da canle do Concello de Ribeira en Youtube. 
 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios