As operacións de compra de filiais aumentan o volume de negocio de Abanca en 20%

Adquire a rede de 110 oficinas de Caixa Geral no Estado, cunha clientela de 131.000 persoas. Antes fixérase coa rede de Deutsche Bank.

Abanca

Abanca faise coa filial española do primeiro banco de Portugal, a Caixa Geral. A entidade presidida por Escotet adquire a rede de 110 oficinas desa entidade no Estado por 364 millóns de euros e gaña a súa carteira de clientes de 131.000 persoas.

O Consello de Ministros portugués deu esta quinta feira luz verde á operación, derivada dos compromisos de privatización do executivo luso coa Unión Europea.

Esta operación súmase á realizada por Abanca hai uns meses e mediante a cal adquiriu a rede de Deutsche Bank no Estado e Portugal. Estas dúas compras supoñen un aumento de 20% no volume de negocio, que pasa ser de case 83.000 millóns de euros.

Comentarios