Un gol de Gaby no minuto 6 deixou claro desde o inicio que as galegas saían a por todas. Co marcador nesas cifras, as canarias precisaban de catro goles para remontar a eliminatoria. Non sucedeu. Porque cinco minutos despois, o Dépor ampliaba a vantaxe a causa dun gol en propia meta de Hari.
O Femarguín recurtou distancia á media hora de partido cun tanto de Carla e cun 1-2 chegou o descanso. Nada máis comezar a segunda parte, toda dúbida quedou despexada. Peke marcou o terceiro gol das coruñesas no minuto 47. Moi pouco despois, Gaby meteu o cuarto. O Dépor só tivo que agardar os 40 minutos que faltaban para facer historia.
O Dépor será o segundo equipo galego en xogar na primeira división do balompé feminino. Na tempada 2011-2012 fixérao El Olivo, vigués e xa desaparecido.
Ficha técnica
CD Femarguín: Aco, Carla, Sara, Lorena, Hari (Zule, min. 15), Cinthya, Chami, Eli (Mawi, min. 64), Zaira, Nayara e Kia.
Deportivo da Coruña: Miralles, Cris, Silvia Mérida (Raquel, min. 46), Iris, Patri Díaz, Teresa Abelleira, Lía (Kika, min. 82), Alba Merino, Maya Yamamoto (Nuria, min. 75), Peke (Michelle Romero, min. 87) e Gaby.
Goles: 0-1 Gaby (min. 6); 0-2 Hari, en propia meta (min. 10); 1-2 Carla (min. 30); 1-3 Peke (min. 47); 1-4 Gaby (min. 51).
Árbitra: Alicia Espinosa Ríos (c. madrileño). Cartón amarelo a Silvia Mérida (min. 29), Kia (min. 56), Alba Merino (min. 61), Chami (min. 64) e Zaira (min. 71).
Incidencias: partido correspondente ao encontro de volta da segunda eliminatoria da fase de ascenso á Liga Iberdrola disputado no Estadio Municipal de Arguineguín ante uns 1.500 espectadores.